PEOR CALIDAD DE SUEÑO
El uso de pantallas influye en el sueño de los jóvenes
ENTREVISTA
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue (A Coruña, 1978), explica como está a vivir a desescalada tras a vaga de incendios do mes de agosto e que posibilidades teñen os afectados na provincia.
Pregunta. A Xunta de Galicia anunciou partidas de axudas polos incendios, que xa están publicadas. A que se pode acceder en materia de vivenda?
Respuesta. O que toca agora claramente é reconstruír, a volta á normalidade. Témolo claro dende o primeiro momento. As axudas de Vivenda xa se poden solicitar, a contía pode ascender ata os 132.000 euros para vivenda habitual e 66.000 euros no caso de segunda residencia, ao que se lle pode sumar o enxoval doméstico (ata 16.200 € e 5.400 € respectivamente).
R. Pódese solicitar a cantidade máxima cando a vivenda quedou en situación de ruína, é dicir, cando o custo da rehabilitación é superior á metade do valor do inmoble ou ben se quedou danada estruturalmente. Nós podemos facer informes técnicos que verifiquen directamente esta situación para axilizar os trámites. De feito, onte mesmo foron concediddas dúas axudas e hoxe xa están pagadas. O que non entran, son inmobles que estiveran en ruína previamente.
R. No caso de que a situación sexa grave, tamén sufragamos o 100% do alugueiro transitorio mentres non se rehabilite ou non se adquira outra vivenda e temos unha partida para gastos de mudanza ou para o depósito da fianza. Priorizamos tamén ser resolutivos, polo que neste caso, adiántanse todos os cartos.
P. Cantas peticións teñen xa?
R. Agora mesmo temos 46 solicitudes, das cales 13 solicitan os danos como vivenda habitual. Isto non quere dicir que todas queden totalmente inutilizadas, porque ás veces hai danos menores en lugares como as persianas ou na fachada, por exemplo. Cousas que non che impiden seguir residindo na vivenda.
P. Existen datos de cantas vivendas foron afectadas en total?
R. A través dun informe inicial de Axega xunto coas conversas directas cos concellos, temos un reconto dun total de 144 posibles. En contacto con nós, xa sexa directamente a través da consellería ou ben a través dunha das 16 oficinas que temos esparexidas por Galicia, puxéronse 96 persoas.
P. E como deben facer a solicitude? Máis da metade dos que se puxeron en contacto non a fixeron.
R. Pedilo é moi sinxelo, simplemente teñen que acreditar a titularidade do inmoble. Basta cunha certificación catastral, é dicir, non pedimos escrituras. Se é residencia habitual, un empadroamento do concello. Se é segunda vivenda, algo que acredite que sexa fogar ocasional, como estar dado de alta no servicio da luz ou incluso un informe municipal que así o acredite.
P. Estivo na última semana visitando núcleos de poboación afectados polos incendios. Que realidade viu?
R. Ese contacto cos veciños é moi importante. En todo momento foi cordial, con mostras de solidariedade impresionantes. Destacáronme o son do lume, que foi algo que os impactou moito. Houbo moitas historias duras. En Petín, por exemplo, estivemos cuns veciños que nos contaban como tres familias con nenos tiveron que meterse nunha cova que era unha antiga bodega, pasaron moito medo ata que os equipos os rescataron. En Cualedro, Manolo, unha persoa de 89 anos que perdeu a súa vivenda, tivo un momento moi complicado porque non quería que os seus sobriños o sacaran de alí. Aquí estamos para axudar, para analizar as causas da situación e intentar mellorar. E agora polo que traballamos é para que a volta á normalidade sexa o máis rápida posible.
P. A xente está satisfeita co proposto? É suficiente?
R. Si, teño que dicilo. Agradecen tamén a axilidade. Que cando a piden a axuda, esa mesma tarde ou ao día seguinte xa haxa un técnico valorando o seu inmoble. Tamén a rapidez para ingresar o diñeiro.
P. Falemos un pouco doutros temas: construción de vivenda pública. No Vinteún hai prometidas 1.600.
R. De aquí ao 2028, temos o obxectivo de duplicar o parque público de vivenda en Galicia, construíndo 4.000. Imos ben, nun ano e medio de lexislatura levamos xa máis de 2.800 en marcha. En particular, na cidade de Ourense é unha mágoa porque non temos case espazo municipal no que construír. Actualmente, están moi avanzadas 64 vivendas en Cambedo de Raia, que se entregarán o vindeiro ano, pero ese solo tivémolo que mercar por un millón de euros á Sareb.
R. Por iso, precisamente temos outra pata: unha estratexia para habilitar terreo onde poder construir vivenda, tanto para a administración como para promotores. Aí entran as 1.600 vivendas do Vinteún, que serán un 80% para protección social. Modificamos a normativa con carácter excepcional para non sexea un proceso que se eternice no tempo.
P. De que xeito?
R. Por así dicilo, tomámolo de oficio dende a propia Xunta de Galicia a través da figura do Proxecto de Interese Autonómico. En coordinación cos concellos, recortamos tempos e trámites para desburocratizar naqueles ámbitos que fosen maioritariamente urbanizables.
P. Particularmente, o proxecto do Vinteún para cando podería estar listo?
R. Agora mesmo está en tramitación ambiental, que remata o próximo 2 de outubro. Contamos cun plazo de 8 ou 10 meses poder ter aprobado ese Proxecto de Interese Autonómico para paralelamente pór en marcha procesos que nos permitirán en 2027 ou 2028 estar urbanizando. Tamén permitimos que se simultanee a urbanización e a edificación, polo que previsión é que en 2028 poida estar listo.
P. Estamos nun contexto onde na cidade os alugueiros están en máximos históricos, este tipo de medidas da construcción de vivenda pode axudar a baixalos?
R. O que temos claro é que hai falta de vivenda no mercado, hai máis demanda que oferta, tenis que construír vivenda. Por suposto, isto non se soluciona facéndoo soamente dende a administración, temos unha liña de axudas para que promotores e cooperativistas constrúan vivenda protexida que xa está agotada.
R. Tamén debemos incentivar os propietarios a que poñan a súa vivenda en réxime de alugueiro. Nese sentido, sacamos unha nova subvención hai só dous meses: Fogar Vivo. Hai moitísima vivenda baleira que cunhas pequenas reparacións poden entrar no mercado. Está a ter moi boa acollida, esa confianza aos donos dos inmobles é necesaria.
R. Pero teño moi claro que isto non é algo que temos que facer soamente na administración autonómica. Os concellos teñen moito que achegar e tamén precisamos a implicación do Estado. Todas as comunidades reclamamos que se convoque dunha vez a conferencia sectorial para aprobar o plan estatal que permitirá habilitar as liñas de axudas que xorden cada catro anos. A día de hoxe non temos nada. O Ministerio non está a facer os seus deberes, non nos está a escoitar. As comunidades somos quen temos a competencia en Vivenda. Tememos que non chegue a tempo porque o actual caduca cando remate o ano. Se iso é así, as axudas que cofinanciamos non estarán a tempo. Porque unha vez se aproba, logo hai que formalizar os distintos convenios coas comunidades autónomas.
P. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ourense foi recentemente denegado cun informe negativo. Que razóns hai para non renovalo?
R. Toda cidade, pero sobre todo unha gran cidade como Ourense, precisa dun. Dá seguridade xurídica e permite o seu desenvolvemento para seguir a asentar poboación. Fixemos un informe negativo porque ten deficiencias, pero son emendables. Todos os axentes implicados estiveron reunidos para solventalo e confiamos en que Ourense pronto teña planeamento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PEOR CALIDAD DE SUEÑO
El uso de pantallas influye en el sueño de los jóvenes
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 15 de marzo
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
MUY CERCA DEL DESCENSO
El Cented no puede fallar frente al Tyde si quiere escapar de abajo
PROXECTO PAISACTIVO
A veciñanza deseña o futuro de Infesta, a aldea modelo de Monterrei