Menor e Sarabela estudan como levar o teatro pola provincia
EXPLORAR NOVAS LIÑAS
Durante a reunión, abordáronse cuestións clave como a promoción do talento local e o papel do teatro como ferramenta de cohesión social e de proxección exterior de Ourense
O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo coa dirección da compañía Teatro Sarabela, un referente das artes escénicas tanto na provincia como no conxunto de Galicia, co obxectivo de intercambiar impresións sobre a situación actual do sector e explorar novas liñas de colaboración institucional. Durante a reunión, abordáronse cuestións clave como a promoción do talento local e o papel do teatro como ferramenta de cohesión social e de proxección exterior de Ourense, ao tempo que Menor puxo en valor a dilatada traxectoria da formación e o seu compromiso coa creación contemporánea.
o presidente da Deputación traslada á compañía a súa aposta por “fortalecer o tecido cultural”
Neste marco, o presidente provincial reafirmou a aposta da Deputación por “fortalecer o tecido cultural da provincia, apoiando iniciativas que achegan a cultura á cidadanía, favorecen o acceso á creación artística e consolidan Ourense como un territorio activo e innovador no eido cultural”.
Pola súa banda, os representantes de Sarabela trasladaron diversas propostas para impulsar proxectos escénicos e actividades de mediación que permitan levar o teatro a novos públicos en distintos puntos da provincia.
Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos que o goberno provincial está a desenvolver cos axentes culturais para recoller as súas necesidades e definir unha estratexia compartida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMUNIDAD EVANGÉLICA
Los protestantes de Ourense se integran en los cementerios civiles
LENTITUD BUROCRÁTICA
La odisea de una dentista cubana para ejercer en Ourense
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín