Ourense no tempo | Recordando “O Rizo”, homenaxe a Recaredo Vega
LEMBRANZAS
Rafael Salgado presenta una nueva edición de Ourense no Tempo
Hai pouco que ampliar na biografía deste ourensán que dedicou a súa vida a inmortalizar os nosos pais e avós... Hai moitas obras e artigos moi completos sobre el que se poden ler; non obstante, voume permitir aproveitalo para render unha pequena homenaxe a outro grande ourensán, ao que me gustaría ter coñecido mellor. Terei que conformarme con desfrutar a súa familia, que, por certo, tamén é a miña... “El primo” Recaredo Vega Bernárdez.
Entre os anos 40 e 70 (faleceu en 1975), non houbo unha soa feira ou celebración onde O Rizo non estivese presente, coa súa cámara e un bo número de rolos de película nos petos. Pero se non chegaban, sempre había mais na súa Vespa ou no seu Goggomobil.
Era coñecido en toda a provincia, porque ademais das feiras, tamén asistía a todas as festas populares que se prezaran. Comezaba a tempada coa festa de San Lázaro e non remataba ata que se acendese o último foguete das diversas festas da vendima, que se organizaban por toda a provincia.
Certo e que traballar na festa soa terrible, pero el “sufriao” estoicamente. Non era un problema doado de resolver, decidir en que mesa sentaría como convidado, ou con quen compartiría o polbo na feira. Ademais dese “sufrimento”, adoitaba ser un xenio nos negocios, xa que, comprensiblemente, naqueles días, tódolos veciños vestían cas súas mellores roupas, e mesmo buscaban ser obxectivo da súa cámara. Cando ofrecía as súas “galletas”, pouca xente non as aceptaba. ¡Sabía a quen disparar!
Verdadeiramente esta visión emprendedora chocaba coa súa excesiva xenerosidade, que o mantiña escaso de diñeiro. Non era raro que non cobrase polos seus traballos; quizais esta fose a orixe da creación das “sucursais”: pequenos negocios onde instalaba un escaparate para mostrar as fotos e que se puidesen ver os suxeitos. Na vila de San Rosendo era un pequeno posto de lambetadas na céntrica rúa Cesáreo Fernández núm. 2, que co tempo, din que gañaba mais cas fotos que cas lambetadas. Tamén pagaría a pena estudar porque insistía en facer regularmente máis dunha copia das fotos, pero esa era a súa forma de traballar.
Das principais vilas, Celanova foi sen dúbida a que máis veces utilizou como escenario. Ter un mercado semanal xunto ca feira mensual e un bo programa festivo foi un aliciente, pero tamén é certo que el caeu ven na vila e ao pouco tempo todos eran amigos. Ben! Algúns tamén suxiren que tiña moza na vila, pero iso son cuestións persoais.
O que si sei é que, forxou unha boa amizade co meu “primo” Recaredo. Desde os primeiros momentos nos que o vía como un bo cliente —non deixaba de ser “O médico”—, pasaron a ter unha estreita amizade e o tema negocio desapareceu. O certo é que era raro que se visen sen que Rizo lle fixese unha instantánea, xa fose no seu despacho, nun baile, nun simple paseo ou onde fose. De feito, o seu compromiso e os primeiros anos de matrimonio podíanse seguir perfectamente a través das fotografías de Rizo. Aínda que bailando con algunha amiga antes de formalizar relaciones tamén o pillou...
Dende mediados da década do 1960, Rizo era un habitual da mesa da familia Vega, os xoves e na feira dos vinte e nove, despois co nacemento dos primeiros Vega González, encargouse de facerlles un book completo, que poucos rapaces daqueles anos teñen. É case seguro que poder desfrutar do licor de café feito coa receita secreta dos Salgado contribuíu a que o carácter de Xosé Vázquez Arias, O Rizo, fose aberto e simpático.
Para os que non o coñecían, o doutor Vega Bernárdez é un claro exemplo de médico rural. É certo que a súa intención ao rematar a carreira era máis académica que asistencial, xa que estivo a piques de dirixir a escola de enfermaría en Ourense, pero ao final decidiu probar sorte na vila, e...
Agora que o 24/7 está tan de moda, seguro que se inspirou no que era a vida destes profesionais. Algúns queixábanse de que a consulta na cafetería xa era algo dado, pero mesmo durante a misa dominical recibía consultas... Eran os tempos dos servizos públicos de atención domiciliaria (APD), con salarios baixos e principalmente en zonas rurais, con horario ininterrompido. Ah, sen esquecer que as viaxes eran a cabalo, e os poucos teléfonos dispoñibles eran a través dunha operadora. A miña curmá Viruca conta que algunha noite de inverno, volvendo da súa terceira saída, atopaba outro paisano na consulta para axudar a outro paciente, e había que ir, ¡que remedio!... Con ise panorama, non deixou a medicina rural ata que se xubilou...
Se eu puidese escoitar a súa versión, teríame dito que, ao final, todos os pacientes eran amigos, e que puido rodearse dos seus seis fillos... ben! Cinco fillos e unha filla. E que a súa maior mágoa chegou nos últimos tempos, coa perda dun fillo, algo que só puido superar grazas a ter oito netos que non o deixaron renderse. Ao final, foron os anos, pero... Se mo permiten, quizais a forza e o apoio da súa muller Viruca tamén tiveron algo que ver coa súa felicidade.
Sirva este pequeno artigo coma homenaxe a un dos mais representativos fotógrafos do noso Ourense Xosé Vázquez Arias, e a un daqueles profesionais que fixeron da su profesión una vida de servizo. A o “primo” Recaredo Vega Bernardez. (quen fixo a maior colección de fotografía de Rizo coñecida).
O de primo entre parénteses, e porque aínda que non me importaría ter esa relación con el, en realidade a miña prima, é a súa encantadora esposa Viruca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Ratas en la Alameda
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Miércoles, 28 de enero
PLANES DE ACCIÓN INTEGRADOS
La Diputación financiará la alianza del Támega
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 28 de enero?
VALORES Y JUVENTUD
El Congreso "Lo que de verdad importa" llena de valores el Auditorio de León