LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 21 de diciembre
LEMBRANZAS
Hai pouco que ampliar na biografía deste ourensán que dedicou a súa vida a inmortalizar os nosos pais e avós... Hai moitas obras e artigos moi completos sobre el que se poden ler; non obstante, voume permitir aproveitalo para render unha pequena homenaxe a outro gran ourensán, ao que me gustaría ter coñecido mellor. Terei que conformarme con desfrutar a súa familia, que, por certo, tamén é a miña... “El primo” Recaredo Vega Bernárdez...
Entre os anos 40 e 70 (faleceu en 1975), non houbo unha soa feira ou celebración onde O Rizo non estivese presente, coa súa cámara e un bo número de rolos de película nos petos. Pero se non chegaban, sempre había mais na súa Vespa ou no seu Goggomobil.
Era coñecido en toda a provincia, porque ademais das feiras, tamén asistía a todas as festas populares que se preciaran. Comezaba a tempada coa festa de San Lázaro e non remataba ata que se acendese o último foguete das diversas festas da vendima que se organizaban por toda a provincia.
Certo e que traballar as festas soa terrible, pero el “sufriao” estoicamente. Non era un problema doado de resolver, decidir en qué mesa se sentaría como convidado, ou con quen compartiría o polvo na feira. Ademais dese “sufrimento”, adoitaba ser un xenio nos negocios, xa que, comprensiblemente, naqueles días, todolos vecinos vestían cas súas mellores roupas, e mesmo buscaban ser obxetivo da súa cámara. Cando ofrecia as súas “galletas”, pouca xente non as aceptaba. ¡Sabia a quen disparar!!!
Verdadeiramente esta visión emprendedora chocaba coa súa excesiva xenerosidade, que o mantiña escaso de diñeiro. Non era raro que non cobrase polos seus traballos; quizais esta fose a orixe da creación das “sucursais”: pequenos negocios onde instalaba un escaparate pra mostrar as fotos e que se puidesen ver os suxeitos. Na vila de San Rosendo era un pequeno posto de chucherías na céntrica rúa Cesáreo Fernández núm. 2, que co tempo, din que gañaba mais cas fotos que cas lambetadas. Tamén pagaría a pena estudar por que insistía en facer regularmente máis dunha copia das fotos, pero esa era a súa forma de traballar.
Das principais vilas, Celanova foi sen dúbida a que máis veces utilizou como escenario. Ter un mercado semanal xunto ca feira mensual e un bo programa festivo foi un aliciente, pero tamén e certo que el caeu ven na vila e o pouco tempo todos eran amigos. ¡Ben! Algúns tamén suxiren que tiña moza na vila, pero iso son cuestións persoais.
O que si sei é que, forxou unha boa amizade co meu “primo” Recaredo. Desde os primeiros momentos nos que o vía como un bo cliente —no deixaba de ser “O médico”—, pasaron a ter unha estreita amizade e o tema negocio desapareceu. O certo é que era raro que se visen sen que Rizo lle fixese unha instantánea, xa fose no seu despacho, nun baile, nun simple paseo ou onde fose. De feito, o seu compromiso e os primeiros anos de matrimonio podíanse seguir perfectamente a través das fotografías de Rizo. Aínda que bailando con algunha amiga antes de formalizar relacións tamén o pillou...
Dende mediados da década do 1960, Rizo era un habitual da mesa da familia Vega, os xoves e na feira do vintenove, despois co nacemento dos primeiros Vega González, encargouse de facerlles un book completo, que poucos rapaces daqueles anos teñen. E é case seguro que poder desfrutar do licor de café feito coa receita secreta dos Salgado contribuíu a que o carácter de Xosé Vázquez Arias “O Rizo”, fose aberto e simpático.
Para os que non o coñecían, o doutor Vega Bernárdez é un claro exemplo de médico rural. É certo que a súa intención ao rematar a carreira era máis académica que asistencial, xa que estivo a piques de dirixir a escola de enfermaría en Ourense, pero ao final decidiu probar sorte na vila, e...
Agora que o 24/7 está tan de moda, seguro que se inspirou no que era a vida destes profesionais. Algúns queixábanse de que a consulta na cafetería xa era algo dado, pero mesmo durante a misa dominical recibían consultas... Eran os tempos dos servizos públicos de atención domiciliaria (APD), con salarios baixos e principalmente en zonas rurais, con horario ininterrompido. Ah, sen esquecer que as viaxes eran a cabalo, e os poucos teléfonos dispoñibles eran a través dunha operadora. A miña curmá Viruca conta que algunha noite de inverno, volvendo da súa terceira saída, atopaba outro paisano na consulta para axudar a outro paciente, e había que ir, ¡que remedio!... Con ese panorama, non deixou a mediciña rural ata que se xubilou...
Se eu puidese escoitar a súa versión, teríame dito que, ao final, todos os pacientes eran amigos, e puido rodearse dos seus seis fillos... ¡Ben! Cinco fillos e unha filla... E que a súa maior mágoa chegou nos últimos tempos, coa perda dun fillo, algo que só puido superar grazas a ter oito netos que non o deixaron renderse. Ao final, foron os anos, pero... Se mo permiten, quizais a forza e o apoio da súa muller Viruca tamén tiveron algo que ver coa súa felicidade.
Sirva iste pequeno artigo coma homenaxe a un dos mais representativos fotógrafos do noso Ourense, Xosé Vázquez Arias, e a un daqueles profesionais que fixeron da súa profesión unha vida de servizo. Ao “primo” Recaredo Vega Bernárdez (quen fixo a maior colección de fotografía de Rizo coñecida).
O de primo entre parénteses, e porque aínda que non me importaría ter esa relación con el, en realidade a miña prima, é a súa encantadora esposa Viruca…
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 21 de diciembre
TRES GRANDES PROYECTOS
Los principales objetivos de la Fundación San Rosendo para el 2026, obras y proyectos
Lo último
MÚSICA E BAILE POPULARES
O Festival Rebulir cumpre 20 anos como garante de cultura e tradición
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local