LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero
12 MILLÓNS
Galicia reforza por terceiro curso consecutivo o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e achégase ao 65%, máis de 15 puntos por riba da media de España, segundo os últimos datos oficiais. Deste xeito, Galicia segue sendo a comunidade autónoma onde máis familias poden acudir a unha escola infantil totalmente gratuíta grazas ás iniciativas impulsadas dende a Consellería de Política Social e Igualdade.
Só na provincia de Ourense, o número de prazas é de 3.270 distribuídas por todo o territorio, unha cifra que supón un investimento de máis de 12 millóns de euros por parte da Xunta.
A nivel autonómico, as cifras oficiais revelan que Galicia rexistrou no curso 2024-2025 unha taxa do 64,3% de escolarización, máis de catro puntos por riba do 60,6% acadado no período anterior. Esta porcentaxe mantén á comunidade ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. A ratio galega é case 15 puntos superior á rexistrada no conxunto estatal, onde a media queda situada no 49,2%. Deste xeito, Galicia consolida a súa posición como líder situándose moi por diante do País Vasco, a segunda comunidade no ránking, cunha taxa do 59,1%.
Este liderado por terceiro curso consecutivo é consecuencia da aplicación do programa da gratuidade da Xunta, xa que desde que se comezou a implantar a porcentaxe de matriculacións neste primeiro ciclo de Educación Infantil aumentou en case 20 puntos. A Xunta destina 65 millóns de euros anuais de fondos propios a esta medida pioneira, que segue sen contar con apoio económico do Goberno central e que supón para as familias galegas un aforro de máis de 3.000 euros por curso.
Ademais, Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantís: as públicas, as de iniciativa social e as privadas. A través desta iniciativa, a Xunta beneficia a máis de 32.000 familias.
Segundo estas cifras, o liderazgo de Galicia en materia de escolarización infantil permitiu aumentar significativamente a porcentaxe de matriculacións neste primeiro ciclo de Educación Infantil. Deste xeito, a comunidade autónoma convértese no territorio co programa de gratuidade máis completo, posto que ningún outro oferta ata 8 horas diarias e 11 meses por curso de atención educativa totalmente gratuíta ó 100% do alumnado.
Galicia foi a primeira comunidade no conxunto do Estado en implementar a gratuidade na educación infantil na etapa de 0 a 3 anos.
Deste xeito, a Administración autonómica segue traballando para consolidar ese liderazgo por cuarto ano consecutivo cun programa de gratuidade deseñado para mellorar a calidade de vida das familias galegas e contribuír a mellorar a súa conciliación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 4 de febrero
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)