DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre
NOVO COMITÉ EXECUTIVO NACIONAL
O presidente do PP de Ourense, Luis Menor, formará parte do novo Comité Executivo Nacional da formación popular a proposta do presidente nacional Alberto Núñez Feijóo. “Unha decisión que acollo con enorme orgullo e co compromiso de traballar sen descanso por conseguir desde a provincia de Ourense o trunfo para España”, afirmou Luis Menor logo de coñecer a composición do novo órgano de goberno durante o 21 Congreso Nacional que o PP celebrou a fin de semana en Madrid.
Menor enmarcou esta designación “no intenso traballo que vimos realizando no partido desde hai dous anos e que xa no 2024 deu os seus primeiros froitos”, referíndose así á vitoria nas eleccións europeas, “onde o populares ourensáns fomos os primeiros de España en apoio”, e aos excelentes resultados obtidos nas autonómicas, “onde un de cada dous ourensáns votou ao Partido Popular”, conseguido máis votos que a suma de todas as formacións políticas ourensás que obtiveron representación no Parlamento de Galicia.
A vicepresidenta do PPdeOU, Marta Novoa, formará parte da Xunta Directiva Nacional, en calidade de alcaldesa de San Cibrao. De acordo cunha emenda introducida no relatorio de Estatutos, incluíuse a dez alcaldes en representación de pequenos municipios e por designación do presidente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre
Lo último
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
INVESTIGACIÓN INDEPENDIENTE ABIERTA
Nvidia investiga a su fundador por sus vínculos con una supuesta espía China