O primeiro café | Os titulares de Ourense este sábado, 17 de maio

PODCAST E VÍDEO

Os titulares deste sábado, 17 de maio, co Primeiro café de La Región

O PRIMEIRO CAFÉ | Sábado, 17 de maio | La Región

A xornada das Letras Galegas chega con Ourense como a única cidade de Galicia onde medra o uso do galego, segundo a última medición do Instituto Galego de Estatística. As cantareiras serán a figura á que se lles adica esta data, e por iso teremos nas nosas páxinas a Ana Iglesias, profesora de pandereireta dunhas 250 persoas e a agrupación Silveiras do Támega, cantareiras de Laza.

Da actualidade xudicial, declaran en Ribadavia os detidos polos roubos en avión e Beariz para responder da presunta autoría de ata 14 feitos delictivos. En Ourense, Jácome tivo que responder ante o xuiz por presunta malversación de fondos.

Nas nosas páxinas, falaremos tamén da folga do sector alimentario, que xuntou preto de 2.000 participantes na manifestación principal.

De cara á provincia, Sousas mira ó seu futuro cunha inversión de 8 millóns e medio de euros para mellorar a tecnoloxía da súa planta.

No eido da información deportiva, Ourense Club de Fútbol e Arenteiro chegan á penúltima xornada de liga pelexando pola Copa do Rei e mais a permanencia respectivamente.

Respecto o tempo, Meteogalicia adianta un sábado con poucas probabilidades de choiva.

Chegamos ata eiquí, pero lembren que poden ampliar estas e outras novas na nosa edición de papel, e mais na web LaRegion.es. Grazas por acompañarnos tódolos días, desfruten do café e desfruten da xornada das Letras Galegas.

Contenido patrocinado

stats