A serra do Courel, o lugar escollido para realizar o sétimo roteiro do curso na UVigo
ROTEIRO
Cunha distancia de 13 quilómetros, o percorrido conta cunha dificultade alta polo desnivel de subida e baixada
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 8 de marzo cun percorrido pola Devesa da Rogueira-O Courel. O itinerario conta cun percorrido circular de 13 quilómetros de distancia cunha dificultade alta polo desnivel que se sorteará de subida e baixada. Será o sétimo dos roteiros deste curso académico e, coma sempre, a inscrición está aberta aos membros da comunidade universitaria, que teñen preferencia, pero tamén á cidadanía en xeral interesada.
A andaina somerxerá ás persoas participantes na “xoia ecolóxica da serra do Courel”, apuntan dende a UVigo, achegándose á rica biodiversidade do seu bosque, onde predominan as especies autóctonas. Ao longo do camiño poderán ver “fervenzas, fontes naturais e panorámicas únicas”. Con esta proposta, os roteiros universitarios volven unha vez máis ao Courel, zona pola que teñen realizado ao longo destes anos diferentes rutas culturais.
Tras este roteiro polo Courel, a programación continuará o 22 de marzo coa Ruta por Bande: Camiño de San Rosendo e Aquis Querquennis, seguindo as antigas vías romanas e outros puntos de interese relacionados coa figura de San Rosendo. A penúltima andaina universitaria, o 5 de abril, terá como escenario as Fragas do Eume, o “bosque atlántico mellor conservado de Europa”, e o Mosteiro de Caaveiro. Por último, para pechar a programación de rutas culturais do curso, a UVigo propón a realización dunha nova etapa do Camiño dos Faros, concretamente a que vai de Arou a Cabo Vilán, en Camariñas, o día 26 de abril.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
65% MENOS EN 10 AÑOS
La cifra de ourensanos que emigra se reduce a 218, el mínimo histórico
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
Lo último
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños
DECLARACIONES POST PARTIDO
Dani Llácer, entrenador del Ourense CF: “Pusimos el modo superviviente”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 22 de marzo?