LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de marzo
CANDIDATURAS OURENSANAS
O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) vén de dar a coñecer as 47 obras finalistas da XXI edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contaron coa candidatura de 243 propostas visadas, executadas e finalizadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2024, e entre as que se atopan tres realizadas en concellos ourensáns: Allariz, Parada de Sil e Ribadavia.
O proxecto alaricano atópase no núcleo de San Vitorio, é unha obra de Juan Seara Oro e está nominado na categoría “vivenda unifamiliar”. Pola súa banda, a rehabilitación do núcleo de Fondodevila, ubicado en Parada de Sil e a cargo de Pablo López Prol, foi elixida entre as mellores “obras de rehabilitación patrimonial e restauración”, unha categoría de nova inclusión. Asimesmo, o Plan director do sendeiro termal entre a vila termal de Prexigueiro e Ribadavia, cuxos responsables foron Juan José Otero Vázquez e Candelaria Cecilia López Muíños, é finalista dentro de “Planificación urbana”.
Os gañadores daranse a coñecer nun acto no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o vindeiro 5 de abril. Para o decano do COAG, Luciano Alfaya, e que presidiu o xurado, “os premios COAG son unha mestura de tradición e innovación. Mantéñense os obxectivos fundacionais de recoñecer e divulgar o mellor da arquitectura galega. Pero precisamente porque a arquitectura galega é unha realidade dinámica e en constante evolución, os premios teñen que estar abertos a recoller eses cambios”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de marzo
1.088.231 AFILIADOS EN GALICIA
Gráfico | Ourense, la provincia gallega con menor subida de paro en el mes de febrero
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Yolanda, genio y figura
FUTSAL FEMENINO
El Ourense Ontime queda sin final de la Copa Galicia (1-4)
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de marzo