LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
A provincia prepárase para vivir unha das xornadas máis senlleiras do ano coa chegada do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. Malia ser un domingo, o carácter festivo e de exaltación da identidade galega deste día non minguará, converténdose nunha oportunidade para que a veciñanza participe nas múltiples propostas programadas. A edición de 2026 está dedicada á xornalista e escritora Begoña Caamaño, finada en 2014, cuxo compromiso coa lingua e a igualdade marcarán as celebracións.
O Concello verinense presenta unha das programacións máis longas da provincia. Entre os días 11 e 13 crearase na avenida Luisa Espada un mural colectivo do artista Leandro Lamas, con alumnado dos centros de ensino. A literatura e a música daranse a man o xoves 14 en “As mil e unha”, un espectáculo de narración oral para escolares que explora o universo de Caamaño. Ademais, o venres 15 terá lugar a II Xuntanza Intercentros “Os coles cantan”, que reunirá cuns 600 estudantes e de cantaraes galegos a Praza García Barbón. O comercio local tamén se implicará ese día cun pasarrúas polas librarías con As Kuartetas que inclúe sorteos de lotes de libros da autora homenaxeada.
O sábado 16, a Casa da Cultura acollerá a proxección “El sueño de Antonio Marek Machourek. O mosteiro de Poio”, ás 20,00 horas. O propio día 17 terá lugar a Gala Músico-Literaria no auditorio, onde se entregarán os certames de poesía Xosé Carlos Caneiro e de relato curto Antonio Fernández. A semana posterior continuará con concertos de rúa do conservatorio e pecharase o 28 de maio cun concerto íntimo de Uxía Senlle e Bleuenn Le Friec titulado “Indmitas: Cancións Begosísimas”.
O goberno barquense deseñou unha programación dominical que comezará coa I Andaina pola lingua. Ás 11,00 horas, a Praza Andrés de Prada acollerá a Carreira de pequenos para nenos de entre cero e seis anos, seguida ás 11,15 horas pola saída da andaina de 2,7 quilómetros aberta a todos. A xornada continuará no Malecón ás 13,00 co Vermú das Letras, onde se presentará o espectáculo “Repunantas”, unha viaxe pola literatura con perspectiva feminista dende a Idade Media ata a obra de Begoña Caamaño. Para pechar o día, ás 18,30 volverán os actos á Praza Andrés de Prada coas Pequeletras e a representación de “Begoña ao teléfono”.
O martes 19 o teatro Lauro Olmo será o escenario dun concerto especial do conservatorio e escola de música do Barco, mentres que durante todo o mes se ofrece un ciclo de cinema en galego con proxeccións todos os domingos e luns.
Na vila carballiñesa, a conmemoración trasládase ao luns 18 de maio, para profundar no vínculo entre a literatura e as novas tecnoloxías. O auditorio Manuel María será o escenario ás 11,00 horas da presentación do libro “Poden pensar as máquinas?”, na que o catedrático Senén Barro reflexiona sobre a IA. Tras este encontro, a actividade desprazarase á entrada do conservatorio, onde se inaugurará un mural realizado por Ozocogz que homenaxea a Begoña Caamaño, co obxectivo de que a figura da escritora estea presente de forma permanente na vila.
A capital do Ribeiro tamén se sumará á celebración o domingo 17 cunha completa axenda. Ás 12,00 horas, a igrexa da Madalena converterase no epicentro das letras coa lectura compartida de obras de Begoña Caamaño, amenizado polas actuacións dos grupos Anaquiños, Valparaíso de Francelos e as Pandereteiras da Istoria. Xa pola tarde, a partir das 18,00, na Fontiña Mariña, a programación ofrecerá teatro familiar coas obras “O gato con botas” e “Reciclaxe”, poñendo o broche de ouro a un día que porá en valor o patrimonio literario galego.
Na Pobra de Trives, a asociación cultural A Caniceira organizará na mañá do 17 de maio unha xinkana gratuíta para cativos de todas as idades na Praza do Pilón. A actividade, que comezará ás 11,30 horas, contará con arredor dunha decena de probas na procura dun tesouro e estará centrada nas mulleres homenaxeadas polas Letras Galegas, co fin de “render homenaxe ás poucas mulleres que a RAG recordou dende 1963”.
Xa pola tarde, o xadrez collerá o relevo coa celebración do II Torneo Letras Galegas de Xadrez, organizado polo clube da ANPA O Recreo da Pobra de Trives, con categorías sub 12 e absoluta, sorteos e premios que van dos 50 aos 200 euros. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de maio.
En Manzaneda, a asociación cultural A Rebusca celebra as Letras Galegas o sábado 16. Ás 18,00 horas, Alba de Vales ofrecerá contacontos e, xa pola noite, ás 22,30, o grupo Coanhadeira presentará o seu último traballo discográfico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 30 de septiembre
406 actuaciones en Galicia
El temporal con alerta amarilla por viento deja 19 incidencias en la provincia de Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 30 de septiembre
Lo último
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
La Región
Carril bici en Ourense
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Hasta luego, Mari Carmen
RANDSTAD RESEARCH
El absentismo laboral en Galicia supera en un punto la media estatal