ACCIDENTE FERROVIARIO
España, de luto

San Cibrao de Lás, un pulo para o turismo cultural

BIC

A declaración do castro coma BIC impulsará a chegada de visitantes á provincia e á comarca

Noelia Ordóñez, José Luís Ferro, Diana Sulleiro, Fernando Rodríguez e Juan Casares, onte na visita ao castro.
Noelia Ordóñez, José Luís Ferro, Diana Sulleiro, Fernando Rodríguez e Juan Casares, onte na visita ao castro.

A declaración esta mesma semana por parte do Consello da Xunta do castro de San Cibrao de Lás coma Ben de Interese Cultural (BIC) suporá un “o impulso ao turismo cultural de toda a provincia de Ourense, e especialmente para a comarca do Ribeiro”, salientaron onte os deputados autonómicos do PP José Luís Ferro e Juan Casares.

Nunha visita ao castro xunto ao alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, e da concelleira de Punxín Diana Sulleiro, representantes dos municipios onde se ubica o xacemento, os deputados populares salientaron que coa declaración de San Cibrao de Lás como BIC “refórzase a protección legal, a conservación e a posta en valor dun dos castros máis importantes do noroeste peninsular, tanto pola súa dimensión como polo seu extraordinario estado de conservación”.

Os deputado salientaron que se trata “dun dos xacementos arqueolóxicos máis singulares e visitados de Galicia, de grande valor cultural e histórico e un enclave crucial para o estudo da idade de ferro”, e destacaron “o bo estado de conservación do poboado, xa que só un 15 por cento da súa superficie está escavada e musealizada, mantendo moita da súa integridade orixinal”.

Compromiso da Xunta

José Luís Ferro afirmou que esta declaración como BIC “confirma o compromiso firme da Xunta coa defensa do patrimonio histórico e consolida o proxecto de recuperación integran do castro”. Pola súa banda, Juan Casares lembrou que “Florentino López Cuevillas dirixiu en 1922 a primeira escavación en San Cibrao de Lás, despois dunha visita á zona que fixera o ano anterior canda Vicente Risco, mostra do labor que os galeguistas do cenáculo ourensán desenvolveron”.

Contenido patrocinado

stats