FESTIVAL CELTA
Galería | San Amaro revive su historia y pasado castrexo
PATRIMONIO CULTURAL
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello declarou Ben de Interese Cultural o Castro de San Cibrao de Las, situado nos termos municipais de San Amaro e Punxín. “Trátase dun dos xacementos arqueolóxicos máis sobranceiros e visitados de Galicia e dos máis importantes desde o punto de vista cultural e histórico”, indicou. A declaración, que se fará oficial nos vindeiros días coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia, valora este enclave como un elemento crucial no coñecemento da Idade do Ferro, especialmente na súa fase final e inicio do período romano, polo que se considera a necesaria protección para garantir a súa conservación e proxección cara ás futuras xeracións.
Ademais, tal e como resaltou Rueda, o expediente destaca o seu bo estado de conservación, cun 15 % da extensión do poboado xa escavado e musealizado. Neste senso, o informe recolle as sucesivas intervencións que permitiron sacar á luz numerosas estruturas, tanto habitacionais como doutro tipo (murallas, rúas, portas monumentais ou alxibes, entre outras). Ademais, tamén se acharon materiais arqueolóxicos (pezas cerámicas, líticas, obxectos de vidro de uso doméstico, restos metálicos ou moedas) de grande importancia para a investigación e a divulgación, de maneira que constitúen un valioso recurso patrimonial. Deste xeito, tamén se fai fincapé na excelente preservación da súa integridade, sen que se vise afectada substancialmente a súa morfoloxía ao longo dos varios séculos de historia.
Esta singularidade foi a que fixo que a Xunta o escollese para crear o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL CELTA
Galería | San Amaro revive su historia y pasado castrexo
5 DE SEPTIEMBRE
San Amaro rescata el espíritu castrexo en su V Festival Celta
REAPERTURA DEL TEMPLO
Tras el fuego, un nuevo comienzo en el monasterio budista de San Amaro
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos