HISTORIA DE EMIGRACIÓN
A memoria de Quintela de Leirado chega á pantalla
HISTORIA DE EMIGRACIÓN
Ahistoria da emigración galega a África vén de dar un salto á pequena pantalla. O Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial de Quintela de Leirado acolleu onte, ás 19,30 horas, a presentación oficial do documental “Gallegos na selva. Os anos de Guinea”, unha produción exclusiva para a Televisión de Galicia (TVG).
O acto contou coa presenza do seu director, Pablo Couto García, o seu guionista, José Carnero Cameselle, e autoridades locais como o alcalde, José Antonio Pérez. Ademais, o evento estivo apadriñado por Benita Sampedro Vizcaya, profesora da Universidade de Hofstra en Nova York e investigadora de referencia internacional na historia e nos procesos de descolonización da Guinea española.
A cita reuniu a numerosos veciños e a moitos daqueles que tiveron que regresar de Guinea, creando un ambiente de profundo recordo. O alcalde de Quintela de Leirado foi o encargado de abrir a quenda de intervencións, destacando a emoción de “ver estas caras, ver a aqueles anos dos 60 e pico que estabamos moitos de nós alá en Guinea”.A continuación, o director do museo, Pablo Pérez, tomou a palabra para subliñar o valor do proxecto: “Hoxe o que damos é un pasiño máis dende o 12 decembro do ano 2021, que foi cando se inaugurou o museo, en cumprir aquel obxectivo co que o fixemos. Aquel obxectivo era sinxelo: dar a coñecer unha historia moi peculiar do concello de Quintela de Leirado”.
O documental repasa a insólita aventura migratoria de centos de veciños de Quintela de Leirado e da comarca da Terra de Celanova, que dende o ano 1896, coa figura pioneira de Eloy Estrada, atoparon nas grandes plantacións de cacao e café de Fernando Poo un futuro próspero. Esta etapa dourada da emigración finalizou de forma traumática coa independencia do país africano en 1968, un fito que obrigou a moitas familias a fuxir precipitadamente, deixando atrás as súas vidas e perdéndoo absolutamente todo.
Pola súa banda, Benita Sampedro, na súa intervención, destacou o valor incalculable deste espazo: “Deben estar moi orgullosos de ter un museo aquí da emigración porque é o único museo que eu coñezo no territorio español sobre a emigración a Guinea Ecuatorial”. Para pechar, o director do documental, Pablo Couto, puxo o foco na emotividade do proxecto, agradecendo a colaboración de todos.
A proxección deste documental chega nun momento moi doce para o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial. A pesar de estar situado nun concello de pequeno tamaño, o recinto xa roza a impresionante cifra de 6.500 visitas dende a súa apertura en decembro de 2021.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HISTORIA DE EMIGRACIÓN
A memoria de Quintela de Leirado chega á pantalla
ESTUDOS COLONIAIS
Pegada de Ourense en África
Castelo de Santa Cruz
Las mámoas da Chan amplían la oferta turística de Leirado
Lo último
CRISIS HUMANITARIA EN CEUTA
Figaredo (Vox) se defiende y justifica su “cazar migrantes” como sinónimo de "detener migrantes"
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido tras quedar atrapado en una colisión entre dos coches en Pereiro de Aguiar