MOROS Y CRISTIANOS
Recuperan el combate infantil en la Romería de A Saínza de Rairiz de Veiga
Romería
Rairiz de Veiga vive estes días a súa senlleira romería da Saínza, que se achega ós 185 anos de historia dunha festa que busca ser declarada de Interese Turístico Nacional.
Esta celebración é recoñecida pola súa “batalla de mouros e cristiáns”, na que ambos bandos intentan ocupar O Castelo da Saínza, e que serve para despedir as festas do verán na comarca.
Malia que as celebracións xa comezaron o pasado venres, foi onte cando comezaron as hostilidades entre os bandos protagonistas. Pola tarde tivo lugar a procesión da Nosa Señora da Merced, que percorreu as rúas antes do asalto ó Castelo. Esta lide, antesala do gran combate de hoxe, propiciou que os moros tomaran o enclave á medianoite, logo do desfile do exército cristián dende a capela ata o campo de batalla.
Coma tódolos anos, o campo da festa acolleu unha verbena que se alargou hasta ben entrada a madrugada, na que os mestres de cerimonias foron a orquestra La Ola ADN e a discoteca móbil “Apocalipsis”, que comezou o seu espectáculo pasadas as 2,00 horas.
O entorno natural da Carballa da Rocha acolleu a unha morea de veciños e visitantes, que se achegan para gozar dunha fin de semana de devoción e honra á Virxe, recreación histórica, e como non, comida e viño.
A xornada de hoxe dará comezo cunha alborada a cargo da charanga Los Támega, que servira de preámbulo á procesión da Santa Nai, que irá dende a igrexa de Rairiz ata o Castelo. Alí celebrarase unha misa solemne ás 12,00 horas, que dará paso ó momento máis esperado da romería: o gran combate de mouros e cristiáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOROS Y CRISTIANOS
Recuperan el combate infantil en la Romería de A Saínza de Rairiz de Veiga
INCLUIRÁN EL GALLEGO EN SUS OBRAS
Una pareja cambia Gandía por Rairiz de Veiga para crear videojuegos en Gatatruko Studio: "Es la mejor decisión de nuestras vidas"
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un motorista resulta herido tras sufrir una salida de vía en Rairiz de Veiga
Lo último
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias
ARRANQUE DE TEMPORADA
La premiere del COB en el Pazo
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
CONFLICTO EN EL PLENO
Luis Menor: “A Política non se pode converter nun circo”