JUVENTUD Y CULTURA INTERNACIONAL
Ribadavia acoge un grupo de voluntariado internacional
MOSTRA
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle dende o venres a exposición “Manuel Chamoso Lamas na mirada”, unha mostra que xorde dos proxectos realizados no instituto do Carballiño que leva o seu nome, reunindo fotografías antigas e actuais de escavacións arqueolóxicas, monumentos e lugares que conforman boa parte do patrimonio cultural das comarcas do Ribeiro e do Carballiño.
A mostra inclúe 32 pezas que percorren as actuacións máis destacadas que o ourensán realizou e divulgou por toda Galicia. Ademais das imaxes, tamén se amosan publicacións como libros, revistas ou guías do autor e a filmadora que utilizaba para gravar os bens patrimoniais.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición acompañado do alcalde de Ribadavia, César Fernández, e de outras autoridades. Destacou “a implicación da xente moza coa historia da súa terra” e a colaboración do Centro de Estudos Chamoso Lamas, a través do historiador Xosé Luis Sobrado, que apoiou nesta proposta ao alumnado do centro educativo co fin “de pór en valor as importantes accións que o arqueólogo e investigador levou a cabo na defensa do patrimonio histórico e artístico galego, para ampliar o seu coñecemento”. Agradeceu tamén a presenza da filla e a neta do homenaxeado, Ángeles Chamoso e Cristina Eisermann, que achegaron materiais da súa colección particular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
JUVENTUD Y CULTURA INTERNACIONAL
Ribadavia acoge un grupo de voluntariado internacional
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia
Lo último
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Avia
+ DEPORTE
Allariz se mueve a ritmo de zumba
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O petróglifo de Barricobos