Julio Dabarca: “O belén tamén é unha memoria dos oficios que se foron perdendo”
IGREXA DE SANTIAGO
Julio Dabarca, de 65 anos e natural de Francelos, Ribadavia, é tallista de madeira e autor do Belén da Igrexa de Santiago en Ribadavia. Ao longo da súa vida combinou tradición e creatividade, converténdose nun referente local da arte artesanal en Galicia
O Belén de Julio Dabarca e xa toda unha tradición no Nadal de Ribadavia. Dende a fin de semana está exposto na Igrexa de Santiago, amosando ao público o traballo artesanal deste veciño de Francelos, antigo tallista e apaixonado da madeira, que combina o belén tradicional coa recreación de eventos, lugares e oficios propios do Ribeiro. Cada ano incorpora novidades a un traballo que vai crecendo e que en esta ocasión suma 117 pezas.
Pregunta. ¿Como naceu a súa afección polos beléns?
Respuesta. A min gústame tallar madeira. Antes en Ribadavia había moitas fábricas de ataúdes e na casa eramos catro da familia que traballábamos na talla. A afección vén de aí. Despois, por temas de saúde, me vin con tempo libre e decidín recuperar a afección da talla da madeira.
P. O belén foi crecendo co tempo, non?
R. Si, comecei co nacemento, os pastores e os reis, as típicas figuras do belén. Como vía que quedaban ben, empecei a incorporar personaxes, lugares e tamén artesáns para facer memoria dos oficios que se foron perdendo.
P. ¿Cantos anos leva facendo o belén?
R. Comecei no Clube Artístico con 50 ou 60 figuras. Logo na Madalena e tamén o fixen na Fundación San Rosendo. Na Igrexa de Santiago empezamos no 2023 con 82 pezas. O ano pasado chegamos a 101 e hoxe son 117, nun espazo de 15 por 5 metros. O cura xa me di que non poña máis que senón teremos que botar os santos fóra (risas).
P. ¿Que oficios recrea?
R. Pois están a tafona da Herminia, que facía os doces hebreos; a rosquilleira, o xastre, o zapateiro, ou o toneleiro que arranxaba os pipotes do viño. Ata fixen unha do meu pai facendo a talla, que agora xa tamén case non hai. Outros anos xa fun metendo lugares como o Castelo, ou eventos como a Festa da Istoria, a voda xudea e a Igrexa da Oliveira, a Igrexa de San Xés de Francelos, ou os músicos da Banda da Lira.
P. ¿E cales son as novidades?
R. Temos a alfombra floral que fan as mulleres rurais onde o Castelo e os portadores levando á Virxe do Portal na procesión, seguida da Banda da Lira. Tamén a fonte da Prata, algo que me pedía moito a xente, que ten auga e todo. Incorporei a comparsa “As Lajartas” e algúns personaxes de aquí que traballaron moito para conseguir o premio do concurso das luces de Ferrero. Tamén están as luces, a granxa de Outeiro e ás irmás Touza, que axudaron a moitos xudíos, e que tallei co seu quiosco e cun vagón da estación de tren.
P. Todas elas talladas a man e con moito traballo.
R. Vou facendo nos ratos libres, pero da o seu traballo porque son feitas en madeira de castaño, eu recorto, tallo, pinto e teño que encolarlle os brazos ás figuras. Logo, para montar o belén axúdanme a Asociación de Mulleres Rurais e a xente vaime dando ideas.
P. E a maior satisfacción é que veña o público.
R. Claro. O ano pasado houbo días que había cola fora para entrar a ver o belén. Este fin de semana tamén esperamos moita xente porque vai haber un mercado de artesanía e tamén pola estrea das luces de Nadal, así que eu espero que veñan e que lles guste. E tamén que lle guste a xente de aquí, que poden ver os vellos oficios e lles traen recordos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TEJIDO EMPRESARIAL
Ribadavia sitúa la economía social como eje de desarrollo
"ICONO" SANITARIO
Ribadavia, punto de partida de la nueva medicina rural
SERVICIOS PÚBLICOS
Ribadavia destinará casi un millón de euros a inversiones
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 14 de marzo
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
EEUU pone precio a la cabeza del líder de Irán: 9 millones