Un libro recolle o vínculo de Rosalía de Castro co Ribeiro

José Luís Chao Rey presenta en Ribadavia su libro Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro, que explora los vínculos de la poeta con la comarca y sus figuras históricas clave.

Yolanda Gómez, Chao Rey, Xan Leira e César Fernández.
Yolanda Gómez, Chao Rey, Xan Leira e César Fernández.

O investigador José Luís Chao Rey presentou onte en Ribadavia o libro “Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro”, unha obra que relata a interesante viaxe polo legado da poeta galega e os seus vínculos coa comarca. 

O autor estivo acompañado na presentación do editor, Xan Leira, o alcalde de Ribadavia, César Fernández, e a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez

O libro, publicado por Memoria Documental de Galicia coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, achega unha profunda análise das relacións de Rosalía de Castro con personaxes históricos do Ribeiro, en especial cos irmáns Alejandro e Eduardo Chao, figuras clave no eido intelectual e político do século XIX e que foron fundamentais no apoio á obra literaria de Rosalía de Castro e do seu marido, Manuel Murguía; destacando tamén a conexión da autora coa familia dos Hermida, reforzando a importancia desta comarca no seu contexto persoal e intelectual. 

César Fernández, puxo en valor o traballo de investigación realizado polo autor e a relevancia deste libro para a cultura galega e para a propia comarca do Ribeiro, xa que “contribúe a fortalecer o noso patrimonio cultural e a situar o Ribeiro no mapa da literatura galega, como un espazo que marcou a vida e o pensamento dunha das nosas autoras máis emblemáticas”. 

A obra estará dispoñible nas librarías nos próximos días, consolidándose como unha referencia fundamental para o estudo da autora e da súa conexión co Ribeiro.

Contenido patrocinado

stats