ACTIVIDADES CULTURALES
Más relaciones interpersonales y participación, menos pantallas
DIRECTORA ARTÍSTICA
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia abre unha nova etapa con Sabela Mendoza como directora artística, tras acadar a máxima puntuación no proceso de licitación convocado polo Concello. Cunha ampla traxectoria na xestión cultural e artes escénicas, será a encargada de definir a liña artística da 41 edición do festival.
Pregunta. ¿Cómo acolle a súa selección como directora da MIT?
Respuesta. Acollo a noticia con ilusión, porque levo moitos anos adicada ás artes escénicas e a MIT de Ribadavia é un espazo de referencia, pola proxección e polo legado de 40 anos. Tamén con algo de nerviosismo, con moito respecto polo traballo feito, e co compromiso de tomar o testigo de un festival que é moi sentido como algo de todos, que ten un gran nivel de apoio e cariño popular.
P. ¿Qué lle pode aportar a súa experiencia e a do seu equipo á MIT?
R. O meu proxecto incluía unha dirección adxunta, con Gema Baamonde, e isto é un cambio importante, porque ter dúas mulleres ao fronte do festival non é un tema menor. Non somos tantas nos postos de dirección, e podemos achegar unha visión de xénero e feminista. É un novo modelo que aporta dúas miradas dialogando todo o tempo. Ambas temos tamén un interese particular nas formas de creación contemporánea, que xa estaban na MIT, pero queremos incorporar maís, diluír as etiquetas e que o escenario sexa tamén un espazo de pensamento. Polo demais, seguiremos contando co equipo que xa estaba nas edicións anteriores, que son un gran valor e coñecen o funcionamento do festival.
P. O seu proxecto acadou a mellor puntuación, cales son as liñas xerais?
R. O proxecto parte do lema “Escenas en Tránsito”, que se moven dunha linguaxe a outra, de un territorio a outro, que fan que nos movamos no físico e no pensamento. Estamos nun momento convulso a nivel mundial e queremos apostar polo risco, o compromiso e a vangarda na creación para repensar o momento actual e imaxinar futuros posibles dende a arte. Iso sen esquecer a memoria, recoñecer xenealoxías e buscar modelos inspiradores na tradición do teatro galego, e todo elo continuando as liñas xerais do festival, como a aposta pola creación galega, e espazos de encontro para o sector.
P. ¿Cal é o principal reto?
R. O primeiro é manterse. Manter o entusiasmo que desperta a MIT, aportar novidades, pero continuando co perfil e o espazo consolidado. O anterior director fixo un gran traballo para internacionalizar o festival e nós queremos tamén seguir insistindo en isto, poñendo unha mirada especial, por exemplo, en Portugal, porque estamos moi próximos, pero non sempre hai tanto intercambio cultural, e nos gustaría avanzar nesta liña.
P. ¿Qué podemos adiantar do programa?
R. Contaremos con algunha compañía estatal de referencia e apostaremos por nomes emerxentes de outras comunidades ou países como Italia. Tamén queremos dar espazo ás novas dramaturxias que empregan todas as formas para contar historias no escenario e na rúa, con propostas participativas para o público, e que o festival siga posicionándose como plataforma de visibilidade para a escena galega, convidando a profesionaias de fóra de Galicia para poñer o foco no que se fai aquí.
“Seremos dúas mulleres na dirección, o que dará unha visión feminista á MIT”
“Queremos que o escenario sexa tamén un espazo de pensamento”
“O principal reto é manterse”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACTIVIDADES CULTURALES
Más relaciones interpersonales y participación, menos pantallas
ACTIVIDAD FÍSICA
Ribadavia moderniza el uso de instalaciones deportivas
LA REHABILITACIÓN
Urgen que se presenten las cuentas en Ribadavia
Lo último