Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
TRIBUNA
Transcorría o ano 1909. Ourense era unha cidade pequena con a penas dez mil habitantes cando acaeceu un dos sucesos máis escuros da historia de Galicia moderna, ocorrido no mes de abril: a alteración da orde pública en Oseira co gallo do posible traslado do baldaquino da igrexa do mosteiro o 22 de abril, que rematou coa morte de sete veciños do pobo, un deles unha nena de curta idade, e doce feridos. As algaradas populares acaecidas non desapareceron da memoria dos galegos. As forzas vivas da provincia participaron activamente, dividíndose en dous bandos, a prol ou en contra da igrexa.
José Dato Muruais, irmán da poeta Filomena Dato, foi nomeado xuíz militar para clarexar os deleznábeis feitos. Era militar e, daquela, tiña a categoría de comandante e 52 anos de idade. Naceu o 17 de outubro de 1857, no nº 18 da rúa ourensá do Vilar. Foi un militar de alta gradación, chegou ser tenente coronel do Rexemento Zaragoza número 12, de Santiago de Compostela, o que non lle privou de participar en actos importantes a nivel cultural e histórico de Galicia. O xornal Heraldo Gallego de Bos Aires, con data 15 de xullo de 1928, número 768, fálanos do pasamento de José: “Fallecimientos en Galicia. Fallecieron las siguientes personas: En Orense, el coronel D. José Dato Muruais, considerado como uno de los hombres de más ingenio de Galicia”.
A revista Vida Gallega, nun número extraordinario aparecido no mes de maio de 1909, fixo unha longa reportaxe dos acontecementos no que relatou o posible traslado do baldaquino, o envío de forzas da Garda Civil, que fixo fogo contra o pobo, e a impresión dada en Galicia ata chegar o asunto ao Parlamento español e á prensa ourensá.
Daquela, o mosteiro de Oseira só o coñecían, debidamente, unhas ducias de visitantes, algúns eruditos e historiadores mailos veciños oseirenses. Varios dos tesouros que esconde estaban en mal estado. O baldaquino atopábase, perigosamente, en estado ruinoso.
O bispo da diócese dubidou se trasladalo ou desfacelo, opóndose os veciños da parroquia. Realizáronse xestións por ambas partes. Os fregueses foron a Ourense; o bispo visitou o mosteiro, e creouse un estado de opinión perfectamente definido: por unha banda, o firme propósito do prelado de desmontar o baldaquino, e, pola outra, a decidida resolución dos veciños de Oseira de impedir a realización do proxecto episcopal.
Despois dos sucesos non se atopou ningunha arma. A máis ofensiva era unha vella baioneta suxeita ao estremo dun pau
O bispo decidiu apelar ao auxilio da forza e varias parellas da Garda Civil foron a Oseira e tiveron que regresar a Ourense sen cumprir as ordes recibidas. Nestas andanzas chegou o día 22 de abril.
O bispo mandou a Oseira, dende Ourense, varios carpinteiros para que desarmasen o baldaquino. O gobernador da provincia, sr. Conde de Buena Esperanza, apoiou a obra do prelado e ordeou escoltar aos obreiros por dezaseis números da Benemérita, ás ordes do tenente señor Salinas.
Pola mañá, os veciños situáranse na igrexa do mosteiro, dispostos a impedir que traballasen os carpinteiros. A praza que se estende de diante do templo e da fachada principal do convento, invadiuna a veciñanza das parroquias dos contornos. As campás parroquiais tocaron a arroutada en todas aquelas canellas que foran sé dos monxes.
Diante da actitude do pobo, a Garda Civil avanzou con grandes precaucións ata a praza. Os carpinteiros, ante o estado dos ánimos e o perigo que corrían, decidiron retirarse, renunciando a traballar contra os desexos do pobo de Oseira. Este, a grandes voces, pedía que non se lles arrebatase aquel altar có que aprendera a adorar a Deus e que era orgullo da parroquia. Retirados os obreiros, a veciñanza desarmou a andamiaxe que había no interior do templo, trasladouna á praza e fixo unha fogueira coas súas madeiras.
Ás tres da tarde, o tenente da Garda Civil avanzou descuberto coa espada en man cara á veciñanza e invitoulle a retirarse. Ao non saír do templo, ordenou que a forza ás súas ordes fixera fogo.
Entre as “armas” recollidas despois dos sucesos non se atopou ningunha. A máis ofensiva era unha vella baioneta suxeita ao estremo dun pau.
As balas mataron a varias persoas, mentres outras quedaron tan mal feridas que faleceron ao día seguinte. Foron sete mortos, un deles, unha nena de curta idade, e doce feridos. Outros moitos ocultáronse por temor ás molestias conseguintes ás dilixencias xudiciais. Como a Garda Civil non levaba corneta, as prevencións para facer fogo foron feitas por medio dun disparo. A este seguiron as descargas que tantas víctimas produciron.
O suceso causou a maior impresión nos pobos inmediatos e o sentimento de dor foi unánime. No Carballiño realizouse unha manifestación pública de protesta, mentres que en toda Galicia o triste acontecemento de Oseira causou gran indignación, pero na provincia de Ourense chegou esta aos maiores extremos. Por verdadeiro milagre de prudencia e de serenidade, non houbo que laiar terribles represalias populares.
Nomearon xuíz militar para entender no asunto ao comandante de Infantería José Dato Muruais. O señor Dato, en unión do sarxento señor Regúlez, trasladouse a Oseira, onde durante moitos días permaneceu instruíndo dilixencias.
Foron tan graves os feitos acaecidos que a prensa tomou partido:
El Miño defendeu a causa popular, facendo campaña contra a postura do bispo de trasladar o baldaquino. El Eco, xornal eminentemente católico, defendeu fervorosamente á Igrexa. No Parlamento español foron varias e intensas as sesións que trataron o tema, participando o Goberno e o mesmo José Dato Muruais. Isto demostra a sona que tivo o irmán de Filomena para ser nomeado xuíz instrutor militar. El Eco de Galicia da Coruña, do 7 de maio de 1909, número 818, fíxose eco do asunto cando no Senado, presidido polo xeneral Azcárraga, onde o Sr. Calbetón foi moi ativo e José Dato participou varias veces.
Hoxe, en pleno século XXI, afortunadamente, o mosteiro de Oseira recuperou o esplendor que sempre mereceu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
CON MARGEN DE MEJORA
El COB, todavía lejos del techo
PRIMERA FEDERACIÓN
Javier Orbán, presidente de la UD Ourense: “Esta semana habrá entrenador”
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios