Rouban partes das pezas de bronce da escultura de Buciños adicada a Rodolfo Prada nos Peares
DELINCUENCIA
Trátase dunha placa e unha figura de bronce do busto de Rodolfo Prada. A Garda Civil investiga a desaparición destas pezas, colocadas a carón da casa natal do galeguista en novembro de 2018
A Garda Civil investiga o roubo de dúas pezas de bronce na escultura deseñada polo ilustre artista ourensán Manuel Buciños ao galeguista Rodolfo Prada, coñecido co alcume “Chamochín”, a súa aldea natal, Os Peares.
A Asociación Cultural Rodolfo Prada denunciou a desaparición da placa de bronce onde figuraba a inscrición de homenaxe Prada, na parte frontal da escultura, así como unha peza de bronce no lateral da mesma.
Os veciños notaron a desaparición hai xa semanas e recentemente, segundo puido saber este xornal, a Garda Civil estivo na localidade para preguntar pola desaparición, que segundo fontes veciñais data de finais do mes de abril e pola noite, tal e como sosteñen fontes veciñais, que aseguran que desapareceu de súpeto da noite á mañá.
O monumento en homenaxe a Rodolfo Prada (Os Peares, 28 de agosto de 1892 - Buenos Aires, 3 de novembro de 1980) colocouse o 5 de novembro de 2018 nos Peares, no xardín adxacente ao museo do tren, e diante da que fora a súa casa familiar. A escultura deste ourensán universal que levou o facho do galeguismo e a ourensanía pola Arxentina fora feita a bronce e pedra por outro ourensán universal, Manuel Buciños.
Naquel sobranceiro acto de novembro de 2018, acudira á inauguración o presidente da Xunta, daquela Alberto Núñez Feijóo, así como a neta do galeguista Prada, alias “Chamochín”, nun sentido acto que conseguía reparar, nalgún senso, a memoria deste ourensán, que fora home de confianza de Castelao, membro dun ourensanismo militante en América e un dos ourensáns máis universais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TENTATIVA DE HOMICIDIO
La mujer apuñalada por su expareja en el barrio San Francisco recibe el alta médica
SERVICIO NECESARIO Y EN AUGE
Migrantes y comarcas vecinas impulsan los nacimientos en el hospital de Verín