EXAME DA UNESCO
A Ribeira Sacra ourensá terá a súa Feira do Viño
DENOMINACIÓN DE ORIXE
DO/ A viticultura heroica da Ribeira Sacra enfróntase agora a un novo reto con apoio de Bruxelas. A Unión Europea vén de aprobar a modificación do prego de condicións da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Ribeira Sacra, reducindo o rendemento máximo permitido de uva tinta por hectárea de 9.500 a 7.500 quilos.
Esta decisión, recollida no Diario Oficial da Unión Europea este 28 de maio, xorde nun contexto marcado por unha crise prolongada na comercialización do viño. O consumo internacional segue en descenso, e rexións vitícolas de longa tradición como a Ribeira Sacra acumulan existencias preocupantes nas súas adegas. Esta saturación levou a que, nos últimos anos, moitos países da UE activasen medidas extraordinarias para controlar os excedentes, como o arranque de viñedos, a colleita en verde ou a destilación para usos industriais. “Esta campaña comenzarase a aplicar esta nova medida”, explica o presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, engadindo que “búscase un efecto moderador, onde se producirá maior calidade, no viño o futuro é a calidade”.
A Comisión Europea avalía esta redución como unha medida “idónea” para reaxustar a oferta á demanda e frear o deterioro dos prezos, ao tempo que contribúe a reforzar a identidade do viño da zona apostando pola calidade fronte á cantidade. Segundo o documento oficial, espérase que a medida favoreza a produción dunha uva máis selecta, potenciando o perfil diferencial dos viños tintos da Ribeira Sacra, recoñecidos pola súa acidez equilibrada, intensos aromas frutais e personalidade marcada polo territorio.
A DOP Ribeira Sacra é a única das cinco denominacións galegas onde predominan os viños tintos, polo que esta modificación afecta de xeito directo ao seu corazón produtivo. A medida non altera o rendemento das variedades brancas, que se mantén en 12.000 quilos por hectárea.
A resolución aprobada por Bruxelas responde a unha solicitude tramitada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación español, e xa forma parte oficialmente do prego de condicións da denominación, como recolle o rexistro europeo das indicacións xeográficas. Con esta medida, sumadas “a da destilación, a vendima en verde e as axudas de Agader, esperamos mellorar a calidade e frear os excedentes” asegura o presidente da D.O. Nun mercado global en transformación, a Ribeira Sacra busca así posicionarse apostando pola excelencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXAME DA UNESCO
A Ribeira Sacra ourensá terá a súa Feira do Viño
TRÁFICO FERROVIARIO AFECTADO
Interrumpida la circulación ferroviaria entre Ourense y Monforte
PROTESTA EL 14 DE MARZO
Vecinos y usuarios vuelven a movilizarse en Lugo por el mal estado de la N-540
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas