ACCIDENTE EN OURENSE
Evacuado en helicóptero tras ser atropellado por un tractor en Riós
OBITUARIO
Como nas súas mans os fíos convertíanse en trama e beleza, Lola foi tecendo ao longo dos anos unha rede de afectos, amizades e complicidades que hoxe permanece entre nós.
Na Reitoral da Chaira, en Trasestrada (O Riós), xunto con Edgar, fixo renacer un lugar que axiña se converteu nun espazo de encontro, xenerosidade e convivencia que marcou fondamente o equipo do proxecto arqueolóxico de Penedo Gordo e tantas persoas que pasaron por alí. As súas portas estaban sempre abertas, igual ca a súa mesa, cos seus sabores agarimosos de fariña de castaña, as súas pequenas notas cheas de cariño, a música que tanto amaba, o seu sorriso luminoso e o mel doce do seu corazón.
Hoxe, coa súa partida aos 59 anos, sentimos unha enorme saudade, pero tamén unha fonda gratitude por todo o que nos deu. A súa lembranza seguirá viva nos fíos invisibles que soubo tecer entre as persoas e nos momentos compartidos que gardaremos para sempre.
Grazas por tanto, Lola.
Na memoria de María Dolores García Rúa (impulsora do espazo cultural A Reitoral da Chaira, ubicado en Trasestrada -O Riós-, que tamén opera como albergue de peregrinos e centro de interpretación da castaña).
Equipo arqueolóxico Pedriñas do Penedo Gordo
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último