CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
A tensión vivida na tarde do martes, entre nervios e caos, pola veciñanza de Ponte Noalla permanecerá na súa memoria toda a vida. O lume, que según os veciños iniciouse en torno a unha da tarde, propagouse con gran velocidade e voracidade, polo que pronto as lapas empezaron a ameazar as vivendas e a integridade dos seus residentes, polo que a Policía Nacional desalouxonos das súas casas durante varias horas.
A vivenda de Aurea Camba foi unha das máis ameazadas da zona. O lume rodeou a casa por diante e por un lateral, polo que ante a proximidade das chamas tiveron que deixala e refuxiarse xunto a uns familiares. “Ao vir os policías para desaloxar a min pegoume un ataque de ansiedad, que non o dou superado, é un medo que veña o lume e te saquen da túa casa así”, manifestiou Camba.
A súa nai, de 98 anos, tivo que ser evacuada nunha silla por un grupo axentes. Ás seis puideron regresar ao seu fogar, “aínda co medo no corpo”.
Á noite o lume xa estaba controlado na zona, mais non foi fácil conciliar o sono para os resientes. “Eu non durmín, pero estaba máis tranquila porque a Guardia Civil e os bombeiros estaban pendientes”, indicou unha veciña. A vivenda onde reside Alberto Medeiros tamén foi das máis próximas as lapas. A colaboración do pobo tamén foi imprescindible para que o problema non fose a maiores.
“Os veciños axudaron moito, estiveron traendo auga, botando unha man para apagar e atentos por si necesitábamos algo”, sinalou Medeiros, quen ademais puido rescatar a un residente da zona, afectado polo intensa fumareda: “Atopeime a un señor nun camiño en medio do fume, que xa estaba desorientado e leveino na moto”.
Medeiros tamén viu en perigo aos seus animais, situados nunha finca na zonada da Veiga. Puido cortar o foco rápidamente con extintores antes da chegada dos medios de extinción.
"Ao vir os policías para desaloxar pegoume un ataque de ansiedad, que non o dou superado" (Aurea Camba)
"Atopeime a un señor nun camiño en medio do fume, que xa estaba desorientado e leiveino na moto". (Alberto Medeiros)
Subindo cara o Cumial, o risco nas vivendas non foi menor. Os avións chegaron cando unha das casas cando as lapas estaban subindo xa polo muro dunha casa e o fume foi moi intenso. “Con el humo que había, cogí a los niños y bajé a la ciudad”, confesou Beatriz Docampo, residente en la zona.
A queixa común da veciñanza ante a perigosidade destes lumes é a falta de limpeza en moitas fincas, que están totalmente descuidadas e cheas de maleza, onde prende con gran facilidade. Achacan esta cuestión como a razón principal da rápida propagación do lume, xunto coa sequía e o vento.
“Esta de aquí leva máis de dez anos sen limpar, e nos xa tiñamos medo de que viñera o lume e pasase esto”, sentenciou Aurea Camba en torno a unha parcela fronte a súa propiedade, que alimentou a virulencia do incendio.
"Con el humo que había, cogí a los niños y bajé a la ciudad para evitar posibles riesgos". (Beatriz Domarco)
Unha queixa común
Subindo cara o Cumial, o risco nas vivendas non foi menor. Os avións chegaron cando unha das casas cando as lapas estaban subindo xa polo muro dunha casa e o fume foi moi intenso. “Con el humo que había, cogí a los niños y bajé a la ciudad”, confesou Beatriz Docampo, residente en la zona.
A queixa común da veciñanza ante a perigosidade destes lumes é a falta de limpeza en moitas fincas, que están totalmente descuidadas e cheas de maleza, onde prende con gran facilidade. Achacan esta cuestión como a razón principal da rápida propagación do lume, xunto coa sequía e o vento.
“Esta de aquí leva máis de dez anos sen limpar, e nos xa tiñamos medo de que viñera o lume e pasase esto”, sentenciou Aurea Camba en torno a unha parcela fronte a súa propiedade, que alimentou a virulencia do incendio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
ADAPTARSE A LAS EMPRESAS
La Xunta trata en San Cibrao la nueva estrategia de formación
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Medio Rural dobra os cartos para limpar franxas en Ourense
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia