cesión gratuita de los terrenos
La Xunta licita 12 viviendas públicas en San Cibrao das Viñas por 2,4 millones de euros
REMODELACIÓN
A Xunta investirá máis de 120.000 euros na humanización dunha praza en Fonteboa, colaborando así co Concello de San Cibrao das Viñas nunha intervención que se enmarca no Plan Hurbe do Goberno galego e que se estima, executarase nun período de tres meses.
A actuación, na que se investirán máis de 172.000 euros, dará un primeiro paso para humanizar a praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga. Un proceso que inclúe a remodelación total do ámbito e a dotación de novo arborado, mobiliario urbano e luminarias. Entre as intervencións previstas, pavimentarase a praza -nalgunhas zonas con lastras de granito e noutras con formigón-; levarase a cabo a demolición do muro e lavadoiro existente e a súa posterior reconstrución co emprego do material retirado; faranse actuacións de drenaxe completa no recinto, e habilitarase unha beirarrúa de dous metros de ancho. Ademais, a reforma completarase coa colocación de dúas novas luminarias e dun cartel luminoso coa lenda “Fonteboa”. A través do convenio asinado hoxe pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Marta Novoa, a Xunta financiará o 70% do orzamento total, licitará e executará as obras, mentres que o Concello de San Cibrao achegará o restante 30%, un total de 51.644 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
cesión gratuita de los terrenos
La Xunta licita 12 viviendas públicas en San Cibrao das Viñas por 2,4 millones de euros
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
IGUALAR LAS PAREJAS DE HECHO
Herencias sin deudas y testamento digital: así es la reforma legal que prepara la Xunta