San Cibrao sumará 12 novas vivendas públicas
María M. Allegue asinou coa alcaldesa San Cibrao das Viñas, Marta Novoa Iglesias, o convenio para a cesión gratuíta dunha parcela para a construción dun edificio de promoción pública para 12 vivendas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou coa alcaldesa San Cibrao das Viñas, Marta Novoa Iglesias, o convenio para a cesión gratuíta dunha parcela para a construción dun edificio de promoción pública para 12 vivendas en San Cibrao das Viñas. Situada na Urbanización Gonoba, concretamente na rúa do Falcón, a parcela contan cunha superficie de preto de 470 metros cadrados.
A conselleira anunciou, ademais, a publicación no perfil do contratante da Xunta a licitación da redacción do proxecto e dirección de obra do inmoble, por un importe de 95.485 euros. As empresas interesadas neste contrato terán ata o vindeiro día 24 de outubro para presentar as súas ofertas.
O investimento total estimado para esta actuación é de 2,3 millóns de euros. A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou que o Goberno galego ten “un firme compromiso con San Cibrao das Viñas, pulmón industrial de Ourense e unha das zonas máis importantes de Galicia neste sentido, e Concello onde traballan, só nos polígonos, máis de 8.000 persoas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
27 de junio
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar