3,5 MILLONES MOVILIZADOS
Ayudas para una flota de buses de San Cristovo de Cea más sostenible
MÁIS DE 20 ANOS DE PRESIDENTE
Carlos Manuel Rodríguez deixa o cargo de presidente do Consello Regulador de la Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, un posto que ocupou dende a constitución da entidade, en 2004, e que agora asumirá Juan Luis Calviño. Foron máis de 20 anos de traxectoria nun organismo que foi clave para impulsar o Pan de Cea como producto diferenciado, aínda que a súa labor na defensa deste producto e a súa calidade xa comezou dende a Asociación de Panadeiros, que tamén impulsou anos antes.
Pregunta. ¿Foi difícil tomar a decisión de renunciar a presidir o Consello Regulador?
Respuesta. Son decisións que hai que tomar. Hai que dar paso ás novas xeracións. Queda en boas mans, porque Juan Luis Calviño leva comigo na vicepresidencia desde o principio. Eu vou seguir dispoñible para o que faga falta, pero creo que é hora de deixar paso á xente nova.
P. Leva toda unha vida dedicada ao impulso do Pan de Cea, primeiro coa Asoaciación de Panadeiros
R. O primeiro paso foi en 1991, cando nos organizamos para crear a Asociación de Panadeiros, conseguir rexistro sanitario e licenza municipal para producir e vender o auténtico pan de Cea. Había moito intrusismo e risco de peche dos fornos. Recollimos documentación histórica sobre o pan e a súa elaboración e fixemos un prego de condicións que enviamos á Unión Europea. En 2004 obtivemos a primeira IXP de pan en Europa.
P. ¿Que supuxo a IXP para o Pan de Cea?
R. Sobretodo evitou falsificacións e o intrusismo, e aumentou a confianza do consumidor. Por exemplo, no primeiro ano do Consello Regulador certificáronse 700 “poias” de pan e hoxe superamos os 800.000. A IXP abriu moitas portas en España e no mundo e reforzou o noso producto.
P. ¿Hai relevo xeracional nos panadeiros?
R. Si, hai xente que se xubila e algúns fornos pecharon, pero tamén hai moita xente nova interesada, normalmente familiares de panadeiros. Eu son un advenedizo porque a panadeira é a miña muller, pero funme implicando no forno dos meus sogros e no 84, cando se xubilaron, quedamos co forno do Carlos, en Faramontaos de Cea.
P. ¿Ata onde chega a súa comercialización a día de hoxe?
R. Temos o privilexio de que nos atravesa a Ruta da Prata e peregrinos de todas partes do mundo coñecen o noso pan. Tamén as novas comunicacións axudan moito. Hoxe se recolle o pan no forno as sete da tarde e as nove da maña está en calquera punto da xeografía española. Tamén estamos presentes en feiras internacionais, como a de Turín, en diversos países e en restaurantes Estrella Michelín.
P. ¿E qué supón a Festa do Pan?
R. É moi importante, e aquí hai que destacar o esforzo dos panadeiros, do Consello Regulador e tamén do Concello de Cea, que sempre nos apoiou en todo o que ten que ver coa promoción do pan.
P. ¿Cales son os retos de futuro do Pan de Cea?
R. A miña meta era conseguir vender un millón de “poias” ao ano, hoxe andamos en algo mais das 800.000. Non puden chegar a ese obxectivo pero en un par de anos penso que van a superar esa cifra. Os panadeiros traballan con ahínco, o producto vai cada paso a mais e penso que a saúde do pan de Cea é moi boa, e incluso nos está ata superando hoxe en día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3,5 MILLONES MOVILIZADOS
Ayudas para una flota de buses de San Cristovo de Cea más sostenible
ESTABLE Y CONSCIENTE
Atropellan a un operario de mantenimiento en San Cristovo da Cea
APUNTA A UNA MUERTE NATURAL
Hallan un cuerpo sin vida de un hombre de Cea que residía en A Coruña en su vivienda
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín