EXPERIENCIA ACTIVA
Un Samaín cheo de lembranzas en Cea
FESTA DE EXALTACIÓN
Juan Luis Calviño, presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, afronta a súa primeira Festa de Exaltación á fronte da entidade, aínda que leva máis de dúas décadas implicado na súa organización. Panadeiro de profesión, defende a tradición dun oficio que gaña mercado, pero que precisa relevo xeracional.
Pregunta. Como afronta a súa primeira festa como presidente do Consello Regulador?
Respuesta. Asumín a presidencia en outubro, aínda que xa era vicepresidente e levo 23 anos colaborando na organización da festa, agora con mais responsabilidade.
P. Que novidades haberá este ano?
R. Seguimos potenciando a Ruta dos Fornos, que se celebra o sábado con degustación de pinchos, música e actividades, e o domingo haberá unha exposición e a presentación dun libro sobre o pan de Cea, ademais do xantar, música e degustación de productos do mar.
P. E experiencia como panadeiro non lle falta
R. O forno do Calviño ten 50 anos, e eu xa con catro ou cinco anos andaba por alí mentres meus pais cocían o pan. Dende o ano 92 púxenme ao fronte, cando se xubilaron meus pais.
P. Que cambiou na elaboración do pan?
R. O proceso segue sendo artesanal: seis horas de traballo, amasado a man durante unha hora e cuarto, con tranquilidade e paciencia.
P. Hai relevo xeneracional?
R. Cando eu era neno había 31 fornos. Agora quedamos 12, e a maioría herdados dos nosos pais porque queremos manter a tradición. A media de idade dos panadeiros é de 50 anos. Fai falta relevo xeneracional, pero é complicado porque é un traballo moi laborioso. Dúrmese pouco, traballase moito e hai poucas vacacións.
P. Pero a demanda medrou
R. Si, eu por exemplo vendo moito a Barcelona e Madrid. En Madrid teño un cliente que cada semana leva 15 pezas para unha comunidade de veciños. Tamén se vende moito en hostelería e no estranxeiro. Onde se vende menos é nos pobos, porque cada vez hai menos xente. O que compensa é que podemos facer distribución por mensaxería, senón do reparto nos pobos non se podería vivir.
P. ¿Cantas pezas se venden o ano?
R. O ano pasado vendéronse 750.000 pezas certificadas e este ano esperamos acadar as 860.000 pezas. Creo que chegaremos porque se incrementou o paso de xente que visita Oseira e de peregrinos.
P. ¿Qué fai único ao pan de Cea?
R. O seu sabor, a elaboración artesanal e que conserva a súa calidade durante catro ou cinco días.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPERIENCIA ACTIVA
Un Samaín cheo de lembranzas en Cea
BUENAS CIFRAS
Auge otoñal de peregrinos en San Cristovo de Cea
FIESTA DE INTERÉS TURÍSTICO
La Festa do Esquecemento calienta de cara al 2027
BUEN COMIENZO
Cea acogió el Encuentro de los Santos Misioneros
Lo último
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026