OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
Humanización do rural
As obras de humanización da aldea de Santa Ana, no concello de Sandiás, deron comezo o pasado mes de agosto grazas a un convenio de colaboración institucional entre o Concello e a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, mediante o cal a entidade autonómica financia o 70% do proxecto, e o Concello o 30% restante dun orzamento de preto de 290.000 euros. A empresa adxudicataria é Explotacións Medioambientais S.L.
As actuacións atenden a diferentes eidos, consistindo na demolición e movemento de terras, así como intervencións nas redes de baixa tensión e telecomunicacións, ademais de mellorar o alumeado público e as rede de pluviais. Así mesmo, o proxecto atende á renovación do pavimento en diferentes puntos da localidade, contando con diferentes tipos de acabados.
A aldea contará cunha cara renovada, xa que tamén se está actuando nos accesos a Santa Ana, facendo limpeza das marxes, reabrindo as cunetas e limpando canos e firme cun rego bicapa.
A administración local pretende, mediante estas actuacións e outras proxectadas, “o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medioambientais”, mantendo “a liña que nos caracterizou nos últimos anos”, ó dotar ós núcleos do municipio de “mantemento e renovación de infraestruturas básicas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
CONTAMINACIÓN
A auga da fonte de Couso deu positivo en nitratos
RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS
Veinte alumnos de la UVigo aprenden de la Lagoa de Antela en Sandiás
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas