PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
ACTIVIDADES AGRÍCOLAS
Os alumnos do curso de actividades auxiliares de agricultura que realiza Cáritas en colaboración co Inorde recibiron este luns pola mañá a visita do presidente do Inorde, Rosendo Fernández, no almacén de patacas do Centro Agrogandeiro, no Concello de Sandiás, para coñecer os resultados deste convenio.
Ademais dos alumnos, tamén estiveron presentes varios asistentes do Inorde, así como Mari Carmen Alonso, membro do equipo de dirección de programas de Cáritas Ourense, e Toni Fernández, capataz da finca de ensaios do Centro Agrogandeiro do Inorde.
Segundo explicou Mari Carmen Alonso, estes alumnos “afastados do mercado laboral por diferentes cuestións”, aprenden o traballo “específico que requiren as empresas desta zona”. Alonso explicou que dende Cáritas realizan un itinerario e acompañamento destes alumnos para suplir as súas necesidades, entre as que se atopa o acceso ao mercado laboral: “Grazas á colaboración do Inorde, que facilita o persoal técnico e instalacións para poder acompañalos, achéganse ao do sector agrícola con esta formación”.
Toni Fernández explicou que “estamos no día a día con estes alumnos, facendo actividades formativas do que é tamén o noso traballo diario no cultivo en terra e posterior investigación”, e que durante a mañá os alumnos realizaron o proceso do calibrado, xa que “os traballos en campo xa remataron e agora tocan os traballos dentro de almacén”.
Pola súa banda, Rosendo Fernández apuntou que este convenio naceu fai doce anos para darlle a oportunidade “a moitos alumnos en risco”, e que continuará facéndoo xa que “sería unha auténtica desgraza que non lla désemos para que poidan acceder ao mercado”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
MELLORAS NAS VÍAS RURAIS
Sandiás renova o firme de tres vías por 49.000 euros
Lo último
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"
CERCANÍA A AS MEAUS
Estabilizado el incendio en Calvos de Randín tras calcinar 460 hectáreas