ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
MAPA
O Concello de Sandiás vén de rematar o proxecto de elaboración do Sistema de Información Xeográfica (SIX) do Concello, no que se recollen diferentes capas de información como a cartografía actualizada do catastro, a ortografía recente e a delimitación de parroquias e barrios segundo os datos municipais.
Unha vez rematado este traballo de dixitalización, confeccionouse un listado das vías e números municipais, para elaborar novas placas de sinalización, unhas 1.100, feitas de PVC e que inclúen a rotulación do número municipal, a rúa, a parroquia, o escudo e o nome do Concello.
O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, destacou a relevancia desta iniciativa: “O máis importante é que os veciños poderán ter unha dirección clara e oficial na vivenda a efectos de calquera notificación, así como dar unha resposta máis rápida ante calquera problema de seguridade cidadá”.
Dende o Concello consideran “de grande importancia” estes dous proxectos para ubicar e identificar mellor as direccións, elaborar censos electorais, servir de apoio aos servizos de emerxencia ou confeccionar padróns fiscais.
Os traballos descritos realizáronse cun presuposto de 13.915 euros, dos que a Deputación de Ourense achegou 6.957,50 euros e o resto o Concello de Sandiás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior