O polideportivo de Sandiás, un compromiso a tres bandas
400.000 euros de inversión
Esta actuación é froito dun convenio asinado entre as tres administracións en xuño de 2024
O polideportivo de Sandiás continúa as súas obras a bo ritmo e Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, visitouno onte en compañía do alcalde, Felipe Traveso; membros da corporación local; a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Silvia Dorado, e o xefe do Servizo Provincial de Deportes da administración galega, Manuel Pérez. Esta actuación é froito dun convenio asinado entre as tres administracións en xuño de 2024, no que se xustificaba que a práctica de actividade física é unha ferramenta para a mellora da saúde e da calidade de vida, ademais de ser un mecanismo de socialización e fonte de diversión. As obras, que contan co peche e construción da infraestrutura, tiveron un custe de 400.000 euros, dos cales a Xunta sufragou 180.000 e o Concello e a Deputación 110.000 euros por institución.
Acordo a tres bandas
“Unhas obras esenciais para a mellora desta infraestrutura e desfrute da veciñanza”, sinalou Menor, quen enxalzou a cooperación entre administracións “para dar servizos e xerar actividade económica”. “Isto é un exemplo de cooperación entre as administracións”, engadiu Silvia Dorado. Felipe Traveso sinalou que é “unha obra moi importante para Sandiás e pola que levábamos pelexando tantos anos”, aínda que o alcalde asegura que “en breve estará operativa”. As tres administracións consideran fundamental que “a práctica deportiva poida estar ao alcance do conxunto da poboación”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEMANA SANTA
O San Benito da Uceira, en Sandiás, volveu ve-lo sol
OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
CONTAMINACIÓN
A auga da fonte de Couso deu positivo en nitratos
Lo último
REACCIONS AL VIAJE DE PONTÓN A BRASIL
AEGASP acusa a Ana Pontón de ir a Brasil a hacer “turismo político”