ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
LAGOA DE ANTELA
A organización SEO/BirdLife celebra este xoves en Sandiás unha xornada participativa de divulgación para descubrir a zona húmida “esquecida” da xeografía ibérica: a Lagoa de Antela. Esta cita, que conta coa colaboración do Concello, busca “definir o futuro da zona húmida de Antela”, achegando a comunidade ao territorio, recuperando a sú memoria colectiva e analizando “a súa situación actual para definir, xunto coas administracións competentes, unha folla de ruta para a súa recuperación ecolóxica, social e cultural”.
A cita congregará a expertos, ONG, administracións públicas e entidades do territorio no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, que será o escenario das mesas redondas e os relatorios dos expertos.
A xornada dará comezo ás 9,15 horas coa benvida institucional, dando paso á presentación inicial que atenderá aos valores ambientais do territorio e o seu contexto actual. A primeira mesa redonda atenderá ao punto de partida e as posibilidades de restauración da Lagoa, e nel participarán representantes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, do Miteco, e das entidades participantes.
Ás 11,30 horas terá lugar a saída de campo guiada, que ao longo de dúas horas atenderá ao “pasado e presente” da Lagoa. Logo da pausa para o xantar de convivencia no local social da Casa da Lagoa, será a quenda das exposicións que atenderán a historia e cultura asociadas á Lagoa así como a súa flora e fauna. A cita rematará coas mesas redondas centradas nas experiencias de sostibilidade agrícolas, gandeiras e turísticas e o peche e compromiso colectivo, presentando as conclusións e a lectura da “Declaración ou Pacto por Antela”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín