OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
Patrimonio
O Concello de Sandiás será o venres 26 de setembro un dos protagonistas en España do filme-concerto ‘Záguia Sul-Garda Ríos’. A presentación terá lugar en dúas sesións na Casa da Cultura de Sandiás de xeito gratuíto. Trátase dun proxecto artístico do Space Ensemble Portugués, que combina narrativa visual e música ó vivo para protexer e preservar o patrimonio nunha homenaxe ás paisaxes fluviais e as comunidades que os habitan.
O espectáculo está adaptado a Sandiás, incluíndose vídeos e imaxes do municipio e a narración en galego do biólogo e naturalista galego Diego Rodríguez Vieites. “É unha honra que elixisen Sandiás como un dos protagonistas en España para este filme-concerto tan especial”, manifestaron o alcalde, Felipe Traveso, e o concelleiro de Cultura, Pepe Gándara: “Desde o Concello queremos agradecer publicamente este agasallo único”.
A proposta é facer dous pases, un primeiro adaptado aos cativos, onde participará o alumnado do PAI e do CEIP de Sandiás, a partir das 12,00 horas do venres, e un segundo pase para adultos ás 20,00 horas
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
CONTAMINACIÓN
A auga da fonte de Couso deu positivo en nitratos
RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS
Veinte alumnos de la UVigo aprenden de la Lagoa de Antela en Sandiás
Lo último