MELLORA ENERXÉTICA
Máis de 212.000 euros para a cuberta do colexio de Sandiás
CULTURA E TRADICIÓN
O Día das Letras Galegas deste ano está dedicado ás cantareiras, e o Concello de Sandiás programou nove actividades de eloxio á oralidade a través da escoita, recitación, contar e cantar.
A primeira actividade levouse a cabo no PAI de Sandiás, “As cantareiras e os instrumentos tradicionais”, para que os máis cativos aprendan sobre os instrumentos tradicionais.
O 17 de maio terá lugar o obradoiro “Educación vocal, recollida de música popular e cantigas populares”, na Casa da Cultura, e nel intentarase facer unha recollida de cancións populares de tradición oral que coñezan as veciñas do municipio. Estará coordinado por Lucía Casal e Cristina Asenjo.
O obradoiro “De Rosalía ata as cantareiras. As mulleres nas letras” chegará ó PAI e o CEIP de Sandiás o 20 de maio da man da fábrica A Xanela do Maxín. “Mulleres, ritmo e tradición” de Sabela Olivares, será o derradeiro obradoiro, organizado pola Rede de Dinamización Lingüística.
Os xéneros orais e narrativos en torno á oralidade fantástica e a memoria dos lugares tamén terán un oco nesta programación, durante a cal se continuarán as visitas guiadas ó Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, ademais das Xornadas de Toponimia en Sandiás, a cargo de Viente Feijoo en colaboración coa Real Academia Galega.
Para rematar, a oralidade poética e musicada terá o seu espazo na exposición da escritora e pintora Rochi Nóvoa, que se inaugurará o vindeiro 21 de xuño na Casa da Cultura de Sandiás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA ENERXÉTICA
Máis de 212.000 euros para a cuberta do colexio de Sandiás
MELLORA NO ABASTECEMENTO
Sandiás inviste 70.000 euros na depuradora de Cerredelo
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos