ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
O Concello de Sandiás vén de iniciar as obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, tales como a Casa de Cultura. o centro social, o salón de actos, a sala de exposicións e a sala polivalente, cun investimento total de 73.160,94 euros.
A baixa eficiencia enerxética destes edificios levou ao grupo de goberno a entender a “urxencia” de realizar diversas actuacións para mellorar a mesma, reducir o custo económico asociado e do mantemento constante, así como contribuír ao benestar e comodidae dos traballadores e usuarios das instalacións durante todo o ano. A empresa que recibiu a adxudicación das obras de mellora foi Elyte Xinzo.
Neste sentido están a realizarse diferentes actuacións como a mellora da envolvente térmica con trasdosado na parte interior da fachada principal mediante placa de xeso, a renovación integral da instalación de calefacción/climatización mediante a colocación de unidades externas e internas tipo casete ou parede, proxectándose unha instalación de xeración de calor mediante bombas e que permita dispoñer de frio no verán.
Ademais tamén se está a instalar nova iluminación, substituíndo zonas de luminarias e lámpadas obsoletas por luminarias con tecnoloxía LED, e consecuentemente de alta eficiencia enerxética.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 2 de noviembre