PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde de Sandiás, Felipe García Traveso, asinaron esta mañá o convenio para executar as obras de mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, que suporán un investimento de 322.615 euros. Na sinatura deste acordo, estiveron tamén a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.
Este acordo, a través do que a Xunta asume o nun 70% ás intervencións -achegará un investimento de 225.830 euros- e contratará e executará as obras. Esta colaboración da Xunta co ámbito local realizase a través do Plan Hurbe, co que se axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.
Pola súa banda o Concello, tal e como recolle o acordo selado esta mañá en San Caetano, achegará o 30% restante do custo das actuacións, 96.784 euros, e redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
Trala sinatura do convenio hoxe, prevense licitar as obras en primavera para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses.
Neste caso, o obxectivo da colaboración da Xunta coa administración local é actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común.
Coas obras previstas baixo o convenio asinado hoxe procederase á renovación e ao soterramento dos servizos urbanos da rede de baixa tensión, a rede de telecomunicacións e a rede de iluminación pública. Así mesmo, está proxectada a reposición dos pavimentos na zona de intervención.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
MELLORAS NAS VÍAS RURAIS
Sandiás renova o firme de tres vías por 49.000 euros
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde