CDR O Viso oferta 160 prazas para o seu campamento
VERÁN
As actividades faranse dende ás 9,30 ata ás 13,30 horas, debido á demanda de conciliación das familias no rural
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso abrirá o vindeiro 26 de maio o prazo de solicitude para a nova edición do seu campamento rural en Lodoselo para este verán. Ofertan 160 prazas, divididas en catro quincenas para grupos de 40 cativos cada unha. O prazo rematará o sábado 31 de maio.
O campamento desenvolverase dende ás 9,30 ata ás 13,30 horas, debido á demanda de conciliación das familias no rural, e é unha proposta educativa que trascende o espectro lúdico doutros campamentos. “Levámolo facendo case dez anos”, explicou Camilo Vila, pedagogo do CDR. A proposta susténtase na aldea como oportunidade para xogar e aprender a desfrutar dos recursos que ofrece, “incorporando novas tecnoloxías pero tamén validando ó xogar ca natureza e ca vida rural”, explicou Vila.
“O que fan os cativos é xogar e aprender”, engade, pero apunta que “as actividades que máis desfrutan son as relacionadas ca música”. Comenta que “nos últimos anos fixemos videoclips que os cativos desfrutan moito e que mesturan a vida rural, porque estamos xogando na horta, ca tecnoloxía, xa que ó mesmo tempo estamos gravando cunha cámara 4k”.
Está dirixido á rapazada de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto, e facilitarase un transporte colectivo dende Xinzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MODA Y TRADICIÓN
Artesanía e investigación se citan en el Paseo de la Lana en A Limia
DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL
Paula Blanco, traballadora social na Limia: “É fundamental que recuperemos o sentimento de unión e comunidade”
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%