BUQUE DE INVESTIGACIÓN
El Hespérides pone fin a la Campaña Antártica Española
Fai máis de medio século que Araceli Calvo Castro marchou a París. Desde alí viaxa tódolos anos ao seu pobo do Concello de O Barco de Valdeorras, O Ferradal. Se antes o tiña como base para moverse por toda Galicia, últimamente viaxa ata aquí para estar xunto á súa nai, e axudala na enfermidade que esta padece.
Cantos anos leva en terras francesas?
Levo 52. Marchei cando tiña 18 e agora vou facer 71. Estou en París.
Por que tomou a decisión de emigrar?
Marchei a París porque casei cun home do pobo que xa estaba en Francia, e alí levoume. Despois, déronse outras circunstancias e divorcieime para volver casar logo.
Ven tódolos anos ó Ferradal durante as vacacións?
Nos 52 anos, levo vindo ao pobo para estar xunto aos meus pais. Perdín ao meu pai fai tres anos e agora veño a atender a miña nai. Antes ía a praia, ía por Galicia, que me encanta, e pasábamolo moi ben, pero levo catro anos que non salgo de aquí: 24 horas sobre 24 coa miña nai, que padece unha enfermidade.
A que se dedica cando está no Ferradal? Esta mellor na vila de París ou no pobo do Barco?
Aquí facemos o que podemos. Eu prefiro vivir alí. Pasei tantos anos en París! Alí collín o retiro e todo! Agora estamos retirados o meu home e máis eu. Ademais, alí teño os fillos e os netos. Prefiro vivir alí.
En que traballaron en Francia?
Meu marido traballaba na compañía de avións Air France e eu no Concello de París. Alí son moitos os distritos e eu non estaba onde o alcalde, pois cada zona ten o seu distrito.
Canto tempo vai pasar este verán na bisbarra valdeorresa?
Vou estar catro meses atendendo a miña nai. Unha rapaza ven pasar con ela dúas horas tódalas mañás e eu aproveito esos momentos para facer as compras, pero despois estou aquí sempre. Non salgo nin a tomar un café. Hai que facelo. Eles o fixeron antes por nós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BUQUE DE INVESTIGACIÓN
El Hespérides pone fin a la Campaña Antártica Española
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de abril
Lo último
INTEGRACIÓN EN EL RURAL
Rosario Milagros, limeña de corazón, pero verinense de adopción
AUDIENCIA PROVINCIAL
La justicia impide a un maltratador “rebautizar” a su hijo de tres años
La Región
"Mi" Semana Santa 2026
SEMANA SANTA
O San Benito da Uceira, en Sandiás, volveu ve-lo sol