MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año
O singular "Pepín" contaba daquela con 56 anos e, unha vez rematada a misión que o desprazara a San Cibrao das Viñas, retornou á súa actividade cotiá nos frondosos "hayedos y robledas" da Reserva Natural do río Saja ata que lle chegou o merecido momento da xubilación, logo de toda unha vida dedicada á protección da natureza.
Unha vida que foi quen de resumir nunha longa copla popular, formada por trinta e tres estrofas, das cales catro están dedicadas ó seu periplo ourensán, e que como xa indiquei, atópanse reproducidas nunha placa de mármol que forma parte do conxunto monumental instalado no val de Fresneda, de onde José Guitiérrez era natural.
Nelas, o garda forestal relata como "desde muy niño/ al monte me dedicaron/ con afición a la caza,/ pero guardando el ganado", como naceu a reserva natural na que acabou traballando e como, nun momento dado, tivo que deixala a un lado para axudar nas batidas organizadas en San Cibrao co fin de acabar cos lobos que tiñan matado ós dous nenos e atemorizado a toda a provincia.
Fose por cuestións propias da rima ou por unha mera confusión na toponimia, o caso é que o garda comete unha pequena eiva nas estrofas que lle dedica á súa expedición ourensá, ó mentar o pobo da Merca no canto do concello de San Cibrao. Eiva que, sem embargo, non desmerece para nada a singularidade da copla e non lle resta ningún atractivo á sopresa que pode levar calquera ourensán que transite por esa fermosa porción de terras cántabras e se lle dea por parar no monumento e coñecer a historia do singular Pepín e as súas aventuras por Ourense.
"Un alto en el camino" -di-,/ de Orense urgente me llaman/ porque dicen que en la Merca/ los lobos tres niños matan./
Y eso me llega hasta el alma/y me excita el corazón,/esos niños inocentes/ los tengo que vengar yo./
Y al otro día siguiente/ ya tocaban las campanas/ viendo que murió la loba/ de aquella horrible desgracia./
Allí seguimos cazando/ llegando a media docena,/ ¡adiós Orense bonito,/ ya me voy para Fresneda!".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 1 de octubre
SISTEMAS INFORMÁTICOS
Los líderes tecnológicos alertan de equipos no adaptados para usar IA
Lo último
Manuel Baltar
Desastres naturales
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
NUEVA MOVILIZACIÓN
Nuevas protestas en demanda de neumólogo en Valdeorras
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un parche necesario