A Festa da Codorniz á brasa de Cortiñas cumple 17 anos
evento gastronómico
Unha cita que se repetirá tanto hoxe, día 15, como mañá, 16 de agosto, na explanada do Parque Náutico de Castrelo, dende as 20,00 horas.
A localidade de Cortiñas, en Castrelo de Miño, iniciou onte as súas festas na honra da Virxe da Asunción e do San Roque, que teñen a súa compoñente gastronómica coa celebración da Festa da Codorniz á brasa, que este ano acada a súa 17ª edición. Así, dende as oito da tarde de onte, os veciños de Cortiñas acenderon os braseiros para preparar as exquisitas aves, tanto de xeito unitario como en empanada, que os primeiros asistentes xa tiveron a oportunidade de degustar.
Unha cita que se repetirá tanto hoxe, día 15, como mañá, 16 de agosto, na explanada do Parque Náutico de Castrelo, dende as 20,00 horas.
As 12,30 horas de hoxe está prevista a primeira procesión coas imaxes da Virxe da Asunción e o San Roque, co acompañamento dunha charanga. O programa inclúe mañá un pasarrúas amenizado por unha charanga, e ás 12,00 partirá dende o peirao de Castrelo a comitiva da tradicional procesión do patrón San Roque e da Virxe en catamarán polo encoro do río Miño, que irá seguida do oficio dunha misa solemne na mesma explanada do Parque Náutico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 12 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 11 de marzo
Lo último
ESCÁNDALO EN LA ALTA COCINA
René Redzepi dimite del restaurante danés Noma tras denuncias de abusos al personal
PROPIEDAD ESTATAL CONFIRMADA
El Pazo de Meirás no pertenece a los Franco, pero serán indemnizados por su mantenimiento desde 1975
DETERIORO EN LA CIUDAD
Concepción Arenal abre el camino al parcheado de baches en Ourense