ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de febrero
FESTA DA VENDIMIA
O Concello de Leiro organiza hoxe a súa edición número 28 da "Festa da Vendima" cun amplo programa de actividades que se desenvolverán tanto no casco urbán da localidade coma na paraxe de O Salgueiral, á beira do río Avia. A xornada comeza ás 10,00 horas coa recepción dos acios que levan os viticultores para participar no concurso e posterior exposición, mentres ás 11,30 será a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello.
Seguidamente, terá lugar a lectura do pregón de exaltación da vendima na praza do Cruceiro, que nesta edición correrá a cargo da comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico, Edelmira Barreira. A continuación está previsto o desfile do concurso de carrozas e charangas, que partirá ás 12,30 horas dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira, un dos actos máis atractivos deste evento. "As carrozas deben facer referencia a motivos da vendima, da viña ou traballos da mesma e deben cumprir as características recollidas nas bases do certame", apuntou o concelleiro de Cultura, Ramón Álvarez.
Os premios do certame son: para os adultos, de 1.000 euros para o primeiro premio; o segundo, 750 euros, e o terceiro premio, 600 euros, e por participar no concurso reciben 300 euros de premio. E na modalidade infantil son de 400 euros para o primeiro, 300 euros para o segundo e 200 euros para o terceiro, e 50 euros por participar.
Ás dúas da tarde, autoridades e e convidados visitarán o Mercado Artesanal, que estará instalado no Salgueiral, antes de celebrarse o xantar popular na mesma localización, e no que se procederá á entrega de premios aos gañadores dos concursos de acios e carrozas. A mostra artesanal cumple xa 14 anos, e nela participarán 25 artesáns procedentes principalmente da provincia de Ourense, que amosarán os seus productos de bisutería, esmaltes en frío e pedras, ademais de expositores de produtos alimentarios e viño.
Concerto
O festexo continuará con actividades infantís no Salgueiral, e tamén haberá cabida para o deporte co partido de presentación do Clube de Fútbol Leiro, ás 17,45 horas. Por último, será a música a encargada de pechar esta celebración co Concerto de Corais da Vendima, ás 20,00 horas, na igrexa parroquial de San Pedro e cunha actuación dun grupo en directo no Salgueiral dende as 21,00 horas.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de febrero
ARTE URBANO
As Mouras, mejor mural del mundo
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago