Galaxia fará a traducción completa de 'Ulises' en galego
A editorial Galaxia anunciou onte que no último trimestre deste ano publicará a primeira tradución completa da obra 'Ulises', de James Joyce, ao galego. A editorial viguesa lembra queRamón Otero Pedrayo traduciu e publicou na Revista Nós en 1926 uns fragmentos, que foron reeditados por Galaxia hai uns anos.
Porén a novela nunca fora traducida integramente ao galego, apunta Galaxia nun comunicado, polo que con esta publicación se pretende achegarlles aos lectores de hoxe un texto baseado nas edicións críticas máis recentes da obra de Joyce nun galego 'actual e coidado, que axude a coñecer mellor un patrimonio literario que xa os membros da Xeración 'Nós' consideraron indispensable' incorporar á literatura galega.
A editorial apunta que 'Ulises' é unha das obras que inician a tradición literaria moderna e que é 'fundamental' para o desenvolvemento non só da narrativa, senón da propia concepción da literatura a partir do primeiro cuarto do pasado século XX.
'A súa influencia nos autores posteriores é indubidable, tanto canto á transformación que supuxo con respecto á maneira de narrar, como no repertorio de formas literarias (...) sen esquecer a transformación da idea de novela, en que o Ulises marcou o paso da novela decimonónica á novela moderna', sinala a editorial Galaxia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga