ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de noviembre
TELEVISIÓN
Emoción, competición, moitísima música e un gran premio final son os principais ingredientes do concurso da Televisión de Galicia: “Hit List Galicia”. Nesta viaxe polos maiores e máis recoñecibles éxitos da historia da música, tres parellas de concursantes terán que adiviñar o título e artista das diferentes cancións ao longo de tres divertidísimas roldas onde porán a proba os seus coñecementos musicais, eliminando aos seus contrincantes para chegar á Gran Lista Final e facerse cun suculento premio de ata 6000 euros.
Os concursantes terán que acertar o título exacto e intérprete da canción escoitando un pequeno fragmento duns cinco segundos perteneciente as intros ou a versos soltos das cancións.
É unha coproducción para a TVG de La Región e Topanga Crea basado no popular show da BBC británica Hit List, onde acumula sete temporadas y unha proxección internacional que o convertiu nun dos espectáculos musicais máis exitosos en televisións de todo o mundo.
Así, chegou a países europeos como Finlandia, Países Baixos ou Francia. A súa proxección internacional está máis que xustificada, si temos en conta que o concurso está organizado en torno as cancións máis célebres de todos os tempos.
Presentado por Miriam Rodríguez, a famosa cantante que debuta como presentadora na Televisión de Galicia, e Rafa Durán, un dos cómicos e comunicadores máis queridos polo público desta terra, “Hit List Galicia” fará as delicias dos espectadores de todas as idades, que poderán xogar desde as súas casas ao tempo que descobren e lembran cancións de ata seis décadas diferentes, directamente extraídas dunha inmensa “Lista” de máis de 3500 éxitos.
Cunha mecánica sinxela e divertida, o programa aúna a atmósfera animada da festa e o baile coa adicción dun ritmo vertixinoso. Por descontado, e na súa versión galega, o programa inclúe cancións e artistas propios, pero tamén aqueles “hits” e cantantes que calaron fondo na nosa cultura. A volta de “Hit List” será os sábados as 22:40. Un formato de éxito pola súa accesibilidade, o seu carácter transversal, o seu ambiente festivo e a conexión que se produce entre os concursantes e presentadores cos espectadores a través da música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de noviembre
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total
Lo último
AHORA SÍ HABLA DE PUENTE
Sánchez respalda a Puente por "dar la cara" y dimitir "por las víctimas": "Dignifica nuestro país"
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos