CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
José Feijóo e o “Gordo” do Alfonso XIII
MÚSICA
A terceira edición do Laroucofest arrancará mañá sábado, ás 10,00 horas, cunha andaina popular pola Serra do Larouco. "Percorreranse 17 quilómetros polos antigos pobos de A Rousía, Santa Cruz e Santa Isabel", sinala Sandra Campo, unha das organizadoras do festival. "Haberá distintos puntos de avituallamento para os participantes, ademais dun xantar popular na praia fluvial O Caneiro e un sorteo dunha volta en parapente", engade.
Dende a organización comentan que xa case todo está listo para disfrutar dun dos eventos do ano en Baltar. "Estamos cos últimos retoques, todos os grupos están xa organizados. Queremos que todos os nenos e nenas participen tamén no espectáculo de Cé Orquesta Pantasma mañá pola tarde", explica Sandra. " Do mesmo xeito, estamos organizando a todos os ponentes e os temas que se tratarán na mesa redonda desta tarde, ás 19,00 horas", engade.
Dende hoxe estará dispoñible a zona de acampada para todas as persoas que desexen instalarse e, pola noite, está prevista unha andaina nocturna de 5 quilómetros á Serra do Larouco.
No festival, que coincidirá coa celebración do Campionato Preeuropeo de Parapente, haberá un encontro desta disciplina dende as 12,00 ata as 20,00 da tarde, con servizo de remontes para os afeccionados e biplazas para os que queiran probar a aventura.
O espectáculo musical comezará pola noite no Caneiro. "Este ano mesturamos música folk e rock, pero todos os grupos son autóctonos galegos". Os pandereteiros Os da Porfía, The Tetas Van, Tanto nos Ten e Sacha na Horta completarán a oferta musical para o Laroucofest 2017.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
José Feijóo e o “Gordo” do Alfonso XIII
ESTUDIO CLÍNICO
Estudian la relación entre el riesgo vascular y la demencia
Lo último
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo permite acceder al 75% de las viviendas en venta de Ourense
ACOSO LABORAL
El PP reitera que sigue en la oposición en Barbadás