Psicología en Catástrofes y Emergencias
Ana María Núñez Rubines: “Tras un accidente grave puede surgir desde el shock hasta la tristeza”
ÚLTIMO ADIÓS
No ano 1964, despois de gravar catro EP coa casa Columbia, o daquela director Manuel de Dios abandonou De Ruada para rematar os seus estudos de Filosofía e Letras. Fíxose cargo da dirección, provisionalmente, o seu irmán Álvaro, pero abandonou a mediados de 1965 ao non poder compatibilizar este cargo co seu labor sacerdotal.
Probouse con dous directores, José Dacal e José Pascual, pero non deu resultado. Esta situación provocou unha das máis importantes crises que De Ruada tivo que enfrontar ao longo da súa historia. Sen director e sen directiva, soamente quedaban uns cantos fieis coralistas, mulleres e homes, que se reunían no local social situado nos baixos da parte traseira da Deputación, fronte á Coruñesa. Unha nova directiva, presidida por Xosé Ramón Muñiz e da que formaban parte Manuel Varela, Segundo Alvarado e Anxo Martínez, trataron de manter viva a institución incorporando novas voces e buscando novo director.
Varios cóengos da Catedral -Xosé Ramón Estévez, Bruno Fuentes e Raúl R. Pazo- achegáronse a De Ruada, a mediados de 1967, cunha interesante proposta: cantar a primeira misa en galego que se celebraría en Ourense. Xosé Ramón Estévez, coa axuda de Bruno Fuentes, dirixiu os primeiros ensaios dunhas pezas de misa que el mesmo compuxera. A Xosé Ramón Estévez custáballe asistir aos ensaios debido a que ao seu remate, xa de noite, tiña que regresar a pé ao seminario, onde vivía. Deste xeito cedeulle a dirección de De Ruada a Bruno Fuentes, que exercía o cargo de sochantre da Catedral dende mediados de 1965.
A primeira misa en galego celebrouse na capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense o 7 de xaneiro de 1968 e, curiosamente, dirixiu a Coral Manuel de Dios, xa que Bruno Fuentes concelebrou a misa con Celso Pérez Carnero. Acompañaba, ao órgano, José Fernández García (Pepe Vide, o fillo do mestre Vide). Dende entón, celebrouse esta misa semanalmente durante varios anos. Bruno Fuentes continuou na dirección de De Ruada ata a celebración do seu 50 aniversario, no mes de outubro de 1969. Rematadas as celebracións, regresou Manuel de Dios.
Podemos dicir, polo tanto, que se debe a Bruno Fuentes a superación da difícil situación pola que pasou De Ruada a finais dos anos 60 do pasado século.
Co gallo do centenario da Coral, celebrado durante o ano 2019, unha representación de De Ruada, formada polo entón presidente Samuel Lago e o vicedirector Álvaro Iglesias, achegáronse á residencia sacerdotal da rúa de Lamas Carvajal para ofrecerlle un agasallo conmemorativo a Bruno Fuentes en agradecemento pola súa importante colaboración con De Ruada.
Descanse en paz na compaña dos directores Daniel González, Isolino Canal, Antonio Jaunsarás, Manuel e Álvaro de Dios, José María González e dos xa moitos coralistas do Alén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Psicología en Catástrofes y Emergencias
Ana María Núñez Rubines: “Tras un accidente grave puede surgir desde el shock hasta la tristeza”
PACTO PSOE-PODEMOS
La regularización migrante podrá solicitarse vía online
Lo último
PRODUCTOS CONTAMINANTES
El colapso de una antigua balsa de la mina de Monte Neme bloquea una carretera en Carballo
REFUERZO VERDE
Antonio Molina, segundo fichaje del Arenteiro