Obituario | O adeus que me pediches

Querido Fernando: aquí me tés. Na carta do adeus que me pediches. Aquí estou contigo.Pegada a ti. Tiñamos un encontro pendente.

Acórdaste? Tiñas que enviarme un audio cun poema que escribín recentemente. Era triste. O poema era triste como o é a veces a vida... Pero vaiamos ó teatro.Ábrese o telón e alí onde o foco incide coa súa potente luz estás ti, meu amigo, co teu porte elegante de modelo, co teu sorriso de home cariñoso, coas mans coma pombas soñadoras, co teu pelo de galán seductor, coa túa voz sensible e poderosa que chega ata min -espectadora- enredándome a alma nunha fonda tristura. A túa mirada pérdese lonxana no horizonte das horas. A túa boca lanza versos e proxectas nun primeiro plano a beleza e a dozura mentres deixas durmir a pena na sombra das bambalinas.

Querido Fernando: agora buscas un claroscuro romántico para recitar a Buesa: "Te doy mi adiós" e pareces un profeta , ou un anxo... non o sei ben. Nunca souben distinguir as distintas entidades do espirito pero ti eras algo, criatura de Deus, que non é da Terra. Algo divino vin sempre en ti. Eso si que o sei. Esencia anxelical, fraxilidade e pureza, poesía e arte no teu corpo de xunco tembloroso. O ceo chora bagoas por ti... Os teus amigos de Nós a Xente do Redor estamos consternados. Manuel de Radio Eco quere poñerlle a emisora o teu nome. A bondade e a fe pérdense polo Paseo das Ninfas buscando paz, acougo e sosego...

Vai facer o 12 de marzo un ano da Homenaxe que che fixemos Nós a Xente do Redor na sala de Ferrer. Vaia peche de ouro! Vaia broche para a túa maxistral obra de teatro! Alí presumimos de ti, admirándote, alabándote como merecías: co corazón na man.Coa man na alma. E coa alma nos bicos e os abrazos... Alí non estabas choroso nin abandonado.Alí non eras o Fernando de "Solo" aquel que falaba delirante co retrato da nai. Alí eras vida porque tiñamos calor e cariño. Había poesía, alegría , clase, enerxía, esperanza,cultura. Alí tiñamos o antídoto do abandono. As vitaminas que te facían vibrar e chorar tantas veces de emoción.

Facemos que recordes o poema de William Wordsworth , esa escena de "Esplendor en la Hierba" que a todos nos humedece os ollos. Miras ó chan. Despois ó ceo e agora abres o peito glorioso: "Aunque nada pueda devolvernos el tiempo del esplendor sobre la hierba y de la gloria en las flores, no debemos preocuparnos porque la belleza permanece siempre en el recuerdo...".

Péchase o telón. Escoita este aplauso Fernando. Está o teu Ourense en pé no pequeno Teatro. A pena chora entre bambalinas e no centro do foco- fiel á Luz- estalla o amor que brillou sempre no teu rostro.

Contenido patrocinado

stats