Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
TÍA MANUELA
Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na Facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aos asistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por ser unha realidade coñecida e calada. O escritor e músico, entre peza e peza, dixo que Galicia era un país que tiña, como o máis importante referente nos eidos da literatura, unha muller, á admirada Rosalía de Castro, que escribía e iluminaba os eidos por onde se movía coa súa palabra en defensa dos humildes e das esquecidas.
Rosalía, como Begoña Caamaño e tódalas mulleres galegas, era un faro alumeando para o futuro. Igual que calquera nai, de antes e de agora, era guía que encamiñaba á veciñanza cara a esperanza dun futuro máis venturoso e máis fermoso.
Estamos en camiño e hai que seguilo, paso a paso, sen demoras e sen retraso. Así é. As mulleres lideran equipos que gobernan, na actualidade, en varias institucións galegas. Saben mandar e deixarán unha herdanza que ninguén poderá esconder. Nas universidades, nos concellos, nas deputacións, nas empresas, na literatura, na arte, na ciencia e na casa, seguen coa vara de mando, mandando avanzar.
Varios miles de persoas, procedentes de tódolos concellos de Galicia, foron recentemente, en tres días diferentes, á feira de Silleda, para participar nun proceso selectivo e competitivo, convocado polo Servizo Galego de Saúde, para acceder ás prazas de diversas especialidades da categoría de enfermaría e de persoal de servizos xerais. Para traballar de enfermeiro ou enfermeira, para as mil novecentas oitenta prazas ofertadas, inscribíronse unhas oito mil seiscentas persoas, maioritariamente (o 90%) eran mulleres.
No sector da sanidade, afortunadamente, as mulleres son maioría. Tamén na xustiza, na educación, nos servizos sociais, na comunicación e, actualmente, vense moitas agarradas ao volante de autobuses, nas tendas de roupa, na hostalería e alí, naqueles lugares que, ata hai pouco tempo, eran só para homes.
Sen matriarcado e sen patriarcado, a Tía Manuela quere respecto para as persoas integrantes da sociedade e unha total igualdade en tódolos aspectos, entre homes e mulleres. Aínda que sexa cadaquén da súa casa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere un joven motorista tras chocar contra un muro en Vilalba
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 11 de julio?