San Roque surca as augas do río Miño aos sons da banda de música La Lira
san roque
A procesión do patrón, a degustación de codornices e unha verbena puxeron fin ao almanaque festeiro de Castrelo
O municipio de Castrelo de Miño celebrou onte a xornada grande na honra do seu patrón, San Roque, declarada como festivo local, motivo polo cal foron moitos os veciños que se achegaron á capitalidade de Barral para disfrutar dun día de lecer. Os sons da banda de música La Lira, de Ribadavia, xa fixeron de improvisado despertador nos barrios da parroquia, ó iniciar un pasarrúas ás 9,30 horas.
Ó mediodía, o catamarán do Concello e outras embarcacións estaban preparadas para levar e acompañar, respectivamente, a imaxe de San Roque polas augas do río Miño, unha procesión tradicional que lembra a ancestral comunicación entre os municipios de Castrelo e Cenlle, situado na ribeira oposta do cauce fluvial. E como tamén é tradicional nesta cerimonia, os instrumentistas da agrupación musical ribadaviense foron os encargados de poñer o ritmo ó percorrido nunha das barcas da comitiva.
Ó regreso das naves procesionarias, oficiouse unha misa solemne na explanada do Clube Náutico de Castrelo, que foi seguida dun concerto no que La Lira combinou temas do folclore tradicional coa música clásica. Xa pola noite, a orquestra Xoldra foi a encargada de amenizar a verbena popular, na que tamén fixo de novo a súa aportación a banda La Lira no campo da festa. Veciños e visitantes tamén tiveron a oportunidade de degustar as últimas braseiras de codornices e as empanadas elaboradas coa carne desta ave, pratos que acompañaron cos afamados viños ribeiro de Castrelo.
Deste xeito, coa celebración da Festa do Codorniz en Cortiñas, que discurriu parella ao San Roque, deuse por rematado no municipio o almanaque festeiro e gastronómico deste mes de agosto, iniciado coa Festa da Anguía, en Barral, e continuado coa Cea do Xarrete, na parroquia de Macendo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga