UN VASCO EN GALICIA
Tomiño, el hogar habitual del Premio Nacional de Artesanía
CINE
Slow, da directora lituana Marija Kavtaradze, é un filme que trata sobre a asexualidade, un tema pouco común no cinema. Fala da ausencia de atracción sexual dun dos protagonistas fronte ao desexo de sexualidade que ten a súa propia parella. Esta última é Elena, profesora de baile. Un día, nunha clase que imparte a adolescentes con discapacidade auditiva, coñece a Dovydas que traballa como intérprete de linguaxe de signos. No momento en que os seus camiños se cruzan, establécese un fermoso vínculo entre eles. Pero a historia da un xiro inesperado no momento en que Dovydas confesa a Elena que ten sentimentos románticos por ela, pero que é asexual, é dicir, non sente e nunca sentiu desexo sexual por outra persoa.
Na expresión da sexualidade ou na (in)posibilidade dunha relación romántica sen sexo sitúase o conflito da película, o tema de fondo. A directora lituana aborda este tema de forma discreta, sensible e cun estilo humanista. Intenta describirnos un amor non convencional, a vida de dúas persoas que parecen ter unha boa química pero que se expresan de forma diferente a nivel fisiolóxico. Kavraradze descríbenos ese desequilibrio, e o comunica ao espectador a través dos movementos dos corpos e doutras linguaxes non verbais. Os primeiros planos e as xestualidades, son os elementos que compoñen o retrato desta parella, nunha película que busca profundidade a partir das evidencias mais próximas. As escenas de baile entre os dous, tamén a raíz deste tratamento, son un punto forte da narración. Os diálogos, por canto intenten manterse ancorados á realidade, non conseguen transcender e transmitir a mesma solidez. Mais ben as conversacións e os conflitos verbais son o retrato do desequilibrio máis explícito, dunha incomunicación que, no fondo, é tamén parte desta relación.
Slow é un filme que, como suxire o título, avanza lentamente. Cóntanos unha relación amorosa complexa cunha posta en escena minimalista e unha narración lineal. A través de pequenos detalles e moi dosificados, imos trazar pouco a pouco os contornos desa relación. Unha exploración, por momentos algo tediosa, pero quizais necesaria para facernos entender mellor o proceso de coñecemento da parella. Eles, como individuos, tampouco están libres de contradicións. Ela, acostumada as relacións esporádicas, parece máis interesada ao desexo que ao acto sexual. El, asexual, só aparenta excitación nas situacións menos oportunas.
Por último engadir que Slow é unha coprodución lituana con España e Suecia. Frida Films está entre as produtoras e a talentosa actriz galega Isabel Naveira forma parte do reparto artístico. O filme obtivo diferentes premios internacionais, entre outros recibiu o Premio do Xurado no Festival de Sundance 2023 e foi candidata aos Óscar por Lituania. En Ourense puido verse no OUFF pero acaba de estrearse na plataforma dixital de Filmin.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN VASCO EN GALICIA
Tomiño, el hogar habitual del Premio Nacional de Artesanía
300 MILLONES SOLO EN IVA
Las V16, el nuevo “aguinaldo” impuesto por Pedro Sánchez
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 27 de diciembre
Lo último
CULTURA E LITERATURA GALEGA
O PPdeG reivindica a Castelao, defensa de valores galeguistas
CONCIERTO DE NAVIDAD
La propuesta navideña de la Banda de A Lira agota entradas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Judíos en Galicia