31 oct 2012
Cortegada inaugura a nova Praza de Santa Rita no Casal de Valongo
REDACCIÓN. cortegada
Veciños e autoridades de Cortegada participaron este pasado fin de semana no acto de inaguración da nova Praza Santa Rita, ubicada en O Casal de Valongo. A execución desta obra era unha actuación moi demandada polos veciños desta localidade, segundo indicou o alcalde, Avelino de Francisco, e levouse a cabo a través dun plan provincial sufragado en parte pola Deputación e en parte polo Concello de Cortegada, cun custo de máis de 42.000 euros.
19 ene 2012
Os veciños de Valongo perderon a antiga escola
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense emitiu unha sentencia a raíz do recurso que interpuxeron Ánxeles Montero Rivera (portavoz municipal do BNG en Cortegada) e a Asociación A Media de Valongo contra o expediente de alteración da calificación xurídica da 'Antiga escola de Valongo' e contra o procedemento posterior de permuta que executou o Concello. Tal recurso é desestimado e o xulgado dálle por tanto a razón ao Concello de Cortegada